Ilya Khrzhanovskiy, Jekaterina Oertel

Alemaña, Ucraína, Reino Unido, Rusia / 145 min. / Ficción / Ruso, ucraíno, inglés

Ficha artística:

Natalia Berezhnaya, Olga Shkabarnya, Vladiimr Azhippo, Alexei BLinov, Luc Bigé

Ficha técnica:

Guión: Ilya Khrzhanovsky, Jekaterina Oertel Fotografía: Jürgen Jürges

Edición: Brand Thumim

Produción: Phenomen Berlin Filmproduktion, Phenomen Uk, Phenomen Ukraine, Phenomen Films

Natasha e Olga traballan na cantina dun instituto segredo de investigación soviético. Este é o corazón latexante do universo DAU, todos entran aquí: empregados do instituto, científicos e convidados estranxeiros, como Luc Bigé. Natasha comeza unha aventura con el. Pero intervén o servizo segredo, encabezado por Vladimir Azhippo. Para Natasha (e para nós) esta é unha experiencia "pouco amable". DAU Natasha é unha forma radical de cinema que se move entre a ficción e a realidade.

Ilya Khrzhanovskiy

(Moscova, 1975)

Estudou Cine e Belas Artes na Universidade Panrusa Guerásimov de Cinematografía e debutou en 2005 con 4, lme que pasou por numerosos festivais e que obtivo, entre outros galardóns, un Tiger en Rotterdam.

Jekaterina Oertel

(San Petersburgo, 1966)

Estudou na escola de cine e de teatro de Moscova e conta cunha destacada carreira internacional no eido da caracterización cinematográfica. Desde 2015 leva unha das ramas do proxecto, o taller SFX, onde crea guras de silicona en tamaño natural dos participantes de DAU.

Teatro Principal