Andrei Konchalovski

Rusia / 120 min. / Ficción / Ruso

Ficha artística:

Haley Bishop, Radina Drandova, Edward Linard, Jemma Moore, Caroline Ward, Emma Louise Webb

Ficha técnica:

Guión: Elena Kiseleva, Andrey Konchalovski Fotografía: Andrey Naydenov

Edición: Karolina Maciejewska, Sergey Taraskin Produción: Olesya Gidrat, Alisher Usmanov

2020: Premio especial do xurado no Festival de Venecia

Novocherkask, Unión Soviética, 1962. Lyudmila é membro do partido comunista local. Ela defende os ideais do réxime comunista e despreza todo tipo de disidencia. Durante unha folga laboral nunha fábrica de motores, ve como o exército mandado polo Goberno dispara aos protestantes e comete un masacre. Ese suceso cambiará a súa visión do mundo para sempre.

Andrei Konchalovski

(Moscova, Rusia, 1937)

Nos seus comezos coescribiu con Andrei Tarkovski os guións de A infancia de Iván e Andréi Rubliov, debutando na dirección en 1966 con Meu primeiro mestre. O recoñecemento chegaría nos anos setenta con obras como O tío Vania (1971), cuncha de prata en San Sebastián, ou Romance de namorados (1974). Con Dom durakov (2003) e Paraíso (2016) obtivo senllos leóns de prata en Venecia.

Salón Teatro