Hong Kong, 1962. Chow, redactor xefe dun diario local, múdase a un novo piso coa muller. Alí coñece a Li-zhen, unha muller que acaba de se instalar no mesmo edificio co home. Ela é secretaria dunha empresa de exportación e o home está decote de viaxe de negocios. Como a muller de Chow tamén está case sempre fóra de casa, Li-zhen e Chow pasan cada vez máis tempo xuntos e fanse moi amigos. Un día, ambos os dous descobren algo inesperado sobre as súas respectivas parellas.