Maria Clara Escobar

Brasil, Portugal, Arxentina / 123 min. / Ficción / Portugués

Ficha artística:

Carla Kinzo, Otto Jr., Rômulo Braga, David Lobo, Bárbara Colen, Georgette Fadel, Isabel Zuaa

Ficha técnica:

Guión: Maria Clara Escobar

Fotografía: Bruno Risas

Edición: Patrícia Saramago Produción: Paula Pripas, João Matos, Ivan Eibuszyc

Unha casa está en chamas. Todas as casas. Unha viaxe convértese en varias viaxes e esa é sen retorno. Moitas mulleres falan. Contan as súas historias. A perda, a morte e a loita por ser, á beira dos outros.

Maria Clara Escobar

(Río de Xaneiro, Brasil, 1988)

En 2012 dirixiu Os dias com ele, un documental premiado en DocLisboa e no Festival de Cinema da Habana, entre outros moitos festivais. Traballou como guionista e subdirectora da película de Julia Murat Histórias que só existem quando lembradas (2011), que obtivo máis de 30 premios. En 2019, lanzou o seu primeiro libro de poemas Medo, Medo, Medo. Desterro é a súa primeira longametraxe de ficción.

Salón Teatro