Martín Kraut

Arxentina / 93 min. / Ficción / Español

Ficha artística:

Carlos Portaluppi, Ignacio Rogers, Lorena Vega

Ficha técnica:

Dirección: Guión: Martín Kraut

Fotografía: Gustavo Biazzi

Música: Juan Tobal

Produción: Pablo Chernov

Marcos é un enfermeiro con experiencia. Traballa na quenda nocturna dunha clínica privada provincial. É aplicado e profesional, pero ten un segredo: nalgúns casos extremos aplica a eutanasia. Gabriel, un novo enfermeiro, sacode o sector: é novo, intelixente e fermoso. Axiña descifra o segredo de Marcos tomando progresivamente o control da súa vida. Marcos retráese ata descubrir que Gabriel tamén mata, pero caprichosamente. Esa revelación obrigarao a enfrontarse a Gabriel, Marcos sabe que só expoñendo a súa verdadeira identidade poderá detelo.

Martín Kraut

(Bos Aires, Arxentina, 1982)

Estudou dirección cinematográfica na Universidade do Cine de Bos Aires. Foi fotógrafo, cámara e editor do Centro de Información Xudicial entre 2008 e 2014. En 2017 gañou o Concurso Ópera Prima do INCAA e a Bolsa á Creación do Fondo Nacional das Artes para filmar a súa primeira longametraxe: La dosis.

NUMAX