Fanny Liatard, Jérémy Trouilh

Francia / 97 min. / Ficción / Francés

Ficha artística:

Alseni Bathily, Lyna Khoudri, Jamil McCraven, Finnegan Oldfield, Farida Rahouadj, Denis Lavant

Ficha técnica:

Guión: Fanny Liatard, Jérémy Trouilh, Benjamin Charbit

Fotografía: Victor Seguin

Edición: Daniel Darmon

Produción: Julie Billy, Carole Scotta

Yuri de 16 anos viviu sempre nas Torres Gagarine nos arredores de París e soña con ser astronauta. Cando se decata dos plans para demoler todo o bloque de apartamentos, Yuri embárcase xunto os seus amigos Diana e Houssan nunha misión para salvar o edificio, transformándoo nunha "nave espacial" antes de que desapareza no espazo para sempre.

A película foi rodada en colaboración con todos os residentes reais das torres, no cumio da actual demolición do proxecto de vivendas Cité Gagarine, en Ivry-sur-Seine.

Fanny Liatard e Jérémy Trouilh

Estudaron xuntos na Escola de Ciencias Políticas de Bordeus. En 2014 gañaron un concurso de guión que lles permitiu realizar a súa primeira curtametraxe, Gagarine, que se proxectou en numerosos festivais. Logo viñeron A République des Enchanteurs e Chien bleu. Gagarine, a súa primeira longametraxe, evolucionou a partir do traballo realizado na primeira curta cos habitantes da Cité Gagarine.

Teatro Principal