Patrick Mario Bernard, Pierre Trividic

Francia / 104 min. / Ficción / Francés

Ficha artística:

Jean-Christophe Folly, Isabelle Carré, Golshifteh Farahani, Sami Ameziane, Claudia Tagbo

Ficha técnica:

Guión: Patrick Mario Bernard, Pierre Trividic Fotografía: Jonathan Ricquebourg

Edición: Annette Dutertre

Produción: Patrick Sobelman / Ex Nihilo

Dominick ten o don de se volver invisible, pero iso non fai a súa vida mellor. De feito, oculta o poder mesmo aos seus seres queridos, como se dunha enfermidade se tratara. Cada vez resúltalle máis complicado manter o control da súa habilidade e iso pon en xaque as súas relacións e a súa estabilidade.

Patrick Mario Bernard

(Thionville, Francia, 1961)

Artista visual e compositor formado na Escola de Belas Artes de París. O seu traballo con Trividic comezou en 1996 con Le cas Lovecraft para a canle France 3. Desde entón non deixaron de traballar xuntos.

Pierre Trividic

(Quimper, Francia, 1957)

Logo de estudar dereito e historia da arte, Trividic completou os seus estudos no Institut Des Hautes Études Cinématographiques. Xunto a Bernard escribiu e dirixiu, entre outras, as longametraxes Ceci est une pipe (2001) e L'autre (2008).

NUMAX