Susanna Nicchiarelli

Italia, Bélxica / 108 min. / Ficción / Inglés

Ficha artística:

Romola Garai, Patrick Kennedy, John Gordon Sinclair, Felicity Montagu, Karina Fernandez, Philip Gröning

Ficha técnica:

Guión: Susanna Nicchiarelli

Fotografía: Crystel Fournier

Edición: Crystel Fournier

Produción: Vivo Film, Rai Cinema, Tarantula Belgique

Brillante, intelixente, apaixonada e libre, Eleanor «Tussy» é a filla pequena de Karl Marx. É unha das primeiras mulleres en vincular os temas do feminismo e o socialismo e participa nas batallas dos traballadores, nas loitas polos dereitos dasmulleres e a abolición da man de obra infantil. En 1883 coñece a Edward Aveling e a súa vida vese convulsionada pola súa apaixonada pero tráxica historia de amor.

Susanna Nicchiarelli

(Roma, 1975)

Estudou dirección de cinema no Centro Sperimentale dei Cinematografia. Despois de rodar varias curtas e documentais, en 2009 dirixiu a súa ópera prima, Cosmonauta, que gañou o premio Controcampo Italiano no Festival de Venecia e foi nomeado ao David dei Donatello á mellor ópera prima. Seguíronlle A scoperta dell'alba (2012) e Nico, 1988 (2017). Miss Marx competiu no Festival de Venecia.

Teatro Principal