Isabel Coixet

España / 117 min. / Ficción / Castelán, inglés

Ficha artística:

Timothy Spall, Sarita Choudhury, Ana Torrent, Carmen Machi, Pedro Casablanc

Ficha técnica:

Guión: Isabel Coixet

Fotografía: Jean Claude Larrieu

Edición: Jordi Azategui

Produción: Agustín Almodóvar, Esther García

Peter Riordan é un home solitario, maniático e meticuloso, obsesionado polos fenómenos meteorolóxicos. Cando lle dan a xubilación anticipada no banco de Manchester no que traballou toda a súa vida decide visitar ao seu irmán, Daniel, que vive en Benidorm. Á súa chegada á cidade descobre que o seu irmán desapareceu e que era propietario dun club de burlesque onde traballa Alex, unha misteriosa muller que exerce unha poderosa fascinación sobre el. Peter e Alex intentan investigar que foi de Daniel, axudados por unha policía obsesionada pola presenza de Sylvia Plath nos anos cincuenta en Benidorm.

Isabel Coixet

(Barcelona, 1960)

Directora de cinema, guionista, tradutora e escritora, comezou a facer películas cando lle regalaron unha cámara de 8 mm. Tras licenciarse en historia pola Universidade de Barcelona, dedicouse á publicidade. Things I never told you (1996), A los que aman (1998), Mi vida sin mí (2003), La vida secreta de las palabras (2005), The bookshop (2017), e Elisa y Marcela (2019), son só algúns dos seus títulos.

Teatro Principal