Philippe Lacôte

Francia, Costa de Marfil, Canadá, Senegal / 90 min. / Ficción / Francés

Ficha artística:

Issaka Sawadogo, Steve Tientcheu, Rasmane Ouedraogo, Bakary Koné, Abdoul Karim Konaté, Laetitia Ky

Ficha técnica:

Guión: Philippe Lacôte

Fotografía: Tobie Marier-Robitaille

Edición: Aube Foglia

Produción: Delphine Jaquet, Ernest Konan, Yanick Létourneau

Un home é enviado a "A Maca", unha cárcere no centro dun bosque de Costa do Marfil gobernada polos seus propios

presos. Seguindo a tradición, coa primeira lúa vermella é designado polo xefe como o novo "romano", o que implica que

debe contar unha historia para o resto de prisioneiros. Logo de descubrir o que o destino lle agarda, comeza a narrar a vida do lendario rebelde Zama King, sen outra opción que a de alongar o seu relato ata o amencer.

Philippe Lacôte

(Abidjan, Costa do Marfil)

En 1989 iniciouse como reporteiro de radio cunha serie de retratos sonoros sobre a caída do Muro de Berlín. Posteriormente realizou as súas primeiras curtas, que se proxectaron en varios festivais internacionais. Xunto a estas ficcións desenvolveu un labor documental cunha serie de filmes escritos en primeira persoa. A súa ópera prima, Run, estreada na sección Un Certain Regard de Cannes 2014, atópase no eixe destes dous enfoques

Salón Teatro