Fernando Trueba

Colombia / 136 min. / Ficción / Castelán

Ficha artística:

Javier Cámara, Daniela Abad, Aída Morales, Patricia Tamayo, Juan Pablo Urrego

Ficha técnica:

Guión: David Trueba (Novela: Héctor Abad Faciolince)

Fotografía: Sergio Iván Castaño

Edición: Marta Velasco

Produción: Caracol Televisión, Dago García Producciones

O médico Héctor Abad Gómez foi un carismático activista polos dereitos humanos no Medellín polarizado e violento dos anos 70. El olvido que seremos relata a súa vida, pai de familia preocupado tanto polos seus llos como polas nenas e nenos de clases menos favorecidas. O seu fogar estaba impregnado de vitalidade e creatividade, froito dunha educación baseada na tolerancia e o amor. Héctor dedicouse ás causas sociais e políticas da época, pero a sociedade intolerante de Medellín acosaríao ata silencialo.

Fernando Trueba

(Madrid, 1955)

Escritor, director, guionista e produtor de cinema, deuse a coñecer con Ópera prima (1980), un lme de baixo orzamento que se converteu nun expoñente da denominada comedia madrileña. En 1993 a súa película Belle Époque recibiu o Premio Óscar á mellor película de fala non inglesa. Calle 54 (2000), Chico y Rita (codirixida con Javier Mariscal e Tono Errando en 2010) e El artista y la modelo (2012), son outros dos seus títulos.

Teatro Principal