Sonia Méndez

Galicia / 71 min. / Documental / Galego

Ficha técnica:

Guión: Sonia Méndez

Fotografía: Lucía C. Pan

Edición: Víctor H. Seoane

Produción: Cósmica Producións

A poeta analfabeta é un filme documental que retrata a unha muller fascinante: Luz Fandiño. Poeta, activista, feminista, nacionalista e revolucionaria. Aos seus 88 anos Luz é testemuña viva das realidades máis duras do século XX, por ser muller, por ser emigrante, por ser pobre, por ser roxa. Luz é unha muller brava, unha persoa fondamente política e un ser cunha humanidade excepcional. Como entende o mundo esta poeta que a pesar do tremor das mans escribe todos os días? Que a move a tal esforzo? Que a mantén viva?

Sonia Méndez

(Vigo, 1980)

Ten unha longa traxectoria no campo da interpretación, dirección e produción audiovisual. Ten dirixidas e producidas seis curtametraxes e dúas series para internet. Directora e co-guionista da serie Antes de perder para Playz (RTVE). Ademais, dende o 2014 dirixe o Carballo Interplay, festival de contidos dixitais. En 2018 funda Cósmica Producións xunto a Nati Juncal Portas. Xuntas producen a longametraxe documental A poeta analfabeta. Ademais teñen en desenvolvemento a longametraxe de ficción As Neves e o documental A muller borrada.

Salón Teatro