Natalia Meta

Arxentina, México / 95 min. / Ficción / Español

Ficha artística:

Érica Rivas, Nahuel Pérez Biscayart, Cecilia Roth, Daniel Hendler

Ficha técnica:

Guión: Natalia Meta

Fotografía: Bárbara Álvarez, Leonel D'Agostino

Edición: Eliane Katz

Produción: Benjamín Domenech, Santiago

Gallelli, Matías Roveda, Natalia Meta, Fabiana Tiscornia

Inés é unha muller que, tras un episodio traumático durante unha viaxe coa súa parella, comeza a confundir os límites

entre o real e o imaxinario. Vivos pesadelos e sons recorrentes invaden a vida cotiá que leva xunto a súa nai, ata que ensaiando para un concerto coñece a Alberto, un mozo que se acomoda sen dubidalo ao seu mundo. Pero Inés non pode evitar unha sensación perigosa: os personaxes que poboan os seus soños intentan apoderarse do seu corpo.

Natalia Meta

(Bos Aires, Arxentina, 1974)

Licenciada en filosofía pola Universidade de Bos Aires, debutou como directora coa longametraxe Muerte en Buenos Aires (2014), todo un éxito de público en Arxentina. Traballou como produtora asociada en filmes como Un amor (2011), de Paula Hernández; Las acacias (2011), de Pablo Giorgelli, e Zama (2017), de Lucrecia Martel. El prófugo, a súa segunda longa, competiu na Sección Oficial da Berlinale.

Cinema NUMAX