Recentemente galardoado co Premio Nacional das Músicas Actuais 2023, Rodrigo Cuevas estreaba «La Romería» o pasado ano, tamén con gran éxito de público co cartel de entradas esgotadas nas súas presentacións.

A enerxía, a emoción e a dedicación de Rodrigo Cuevas orbitan agora, tras estes anos fulgurantes, afrontando o dobre novo reto que supón na súa traxectoria presentar unha nova xira e un novo álbum. «Manual de Romería», esta vez cunha visión moito máis glocal se cabe: desde o chan de Piloña, de Asturies e do noroeste peninsular, cara ao orbe no seu conxunto.

Para a preprodución do álbum Eduardo Cabra fixo o seu particular curso intensivo de vida rural asturiana con adaptación á humidade e ao frío e inmersión na cultura e a música de Asturies, de León e Zamora. Como colofón a ese choque interestear entre ambos, Rodrigo grababa no mes de xaneiro a totalidade do álbum na Casa del Sombrero, os estudos de Cabra en Porto Rico. Podemos dicir que pariron unha criatura cegadora, fermosa, cálida, bailonga e honesta.