Amy Seimetz

Estados Unidos / 84 min. / Ficción / Inglés

Ficha artística:

Kate Lyn Sheil, Jane Adams, Kentucker Audley, Katie Aselton, Chris Messina, Tunde Adebimpe, Jennifer Kim, Adam Wingard

Ficha técnica:

Guión: Amy Seimetz

Fotografía: Jay Keitel

Edición: Alex Hartley

Produción: Justin Benson, David Lawson Jr., Aaron Moorhead

Amy ten un mal presentimento: está absolutamente convencida de que vai morrer mañá. Cando llo conta á súa amiga Jane, esta trata de quitarlle a idea da cabeza, pero pouco despois ela comeza a ter esa mesma sensación, como confesa na festa de aniversario da súa cuñada. E a cousa non rematará aquí.

Amy Seimetz

(Florida, Estados Unidos, 1981)

É un dos rostros máis coñecidos do cinema independente estadounidense, aparecendo en títulos como Tiny furniture (2010), Ti es o seguinte (2011) ou The sacrament (2013). Debutou como directora con Sun don' t shine (2012) e é cocreadora da serie The girlfriend experience.

NUMAX