SINOPSE

Salam vive en Xerusalén e traballa en Ramallah para a famosa telenovela palestina "Tel Aviv on Fire". Para chegar ao seu traballo debe pasar todos os días por un posto de control israelí onde acabará coñecendo ao comandante Assi, cuxa esposa é fanática da serie.

DIRECTOR | SAMEH ZOABI

Sameh Zoabi é un director de cine e guionista palestino nacido en 1975 na localidade de Iskal, preto de Nazareth. O seu cine está marcado polo conflito palestino - israelí, que aborda desde a ironía, o sarcasmo e o paradoxo de ser un palestino vivindo en territorio ocupado.