Christian Petzold

Alemaña, Francia / 90 min. / Ficción / Alemán

Ficha artística:

Paula Beer, Franz Rogowski, Maryam Zaree, Jacob Matschenz, Anne Ratte-Polle, Rafael Stachowiak, Julia Franz Richter

Ficha técnica:

Guión: Christian Petzold.

Fotografía: Hans Fromm.

Edición: Bettina Böhler.

Produción: Florian Koerner von Gustorf, Michael Weber.

2020: Mellor actriz e Premio FIPRESCI da crítica na Berlinale

Ondina é unha historiadora que traballa como guía de museo en Berlín. Ela sabe todo o que hai que saber sobre o Foro Humboldt e a cidade que se construíu sobre un pantano. De súpeto, o mundo de Ondina derrúbase cando é deixada pola súa parella. A maxia desaparece.

Christian Petzold

(Hilden, Alemaña, 1960)

É un dos compoñentes máis representativos do movemento chamado Escola de Berlín, xunto a cineastas como Angela Schanelec e Ulrich Köhl. Estudou cinema na Academia Alemá de Cinema e Televisión. Revela internacionalmente o seu talento con Die innere Sicherheit (2000). Desde entón dirixe títulos como Yella (2006), Jerichow (2008), Barbara (2012), Phoenix (2014) e Transit (2018), premiadas en multitude de festivais.

Salón Teatro