Willie & Winnie está integrado por Elise Denise e Andy Bill. Este nome tómano dos protagonistas da obra de teatro " Happy Days" de Samuel Beckett. En xaneiro do 2020 lanzan " You & I", un disco cun son traballado despois de todos estes anos, recuberto dunha escuridade que non deixa de crecer, potente e á vez, dalgún modo, sofisticado. Contan ademais coa colaboración dalgúns dos mellores músicos de Galicia para a gravación deste novo álbum e con Arturo Vaqueiro (Humanoid) como coproductor do mesmo.