Fung Chi-Keung

Hong Kong / 104 min. / Ficción / Cantonés

Ficha artística:

Louis Koo, Louis Cheung, Jessica Hsuan, Cherry

Ngan, Philip Keung, Fiona Sit, Patrick Tam, Andy On

Ficha técnica:

Guión: Fung Chi-Keung

Fotografía: Kenny Tse

Edición: Law Wing Cheong, Kelvin Chau

Produción: Alex Dong, Tung-Shing Yee

Tres meses despois de liderar o roubo con forza a unha xoiería, un dos compañeiros de Sean Wong aparece morto. Larry Lam é un dos detectives encargados de resolver o misterio, pero a súa única testemuña é un papagaio. As cousas iranse complicando cando outros involucrados no roubo da xoiería comezan a aparecer mortos. Non só Larry está a investigar o caso. Ao ser o principal sospeitoso, Sean Wong tamén busca ao asasino cos obxectivos de limpar o seu nome e atopar o botín roubado.

Fung Chi-Keung

(Taiwán)

Director de cinema e guionista de Hong Kong. Graduouse na Academia de Cinema da Universidade Baptista de Hong Kong e comezou a exercer como asistente de dirección antes de traballar como guionista para varios dramas televisivos. O guión cinematográfico de Fung para A serea foi nomeado para o premio The Hong Kong Film Award ao mellor guión en 2017. Dirixiu a súa primeira película, The bounty, en 2012.

Salón Teatro