O programa Grandes Lugares da Televisión de Galicia (TVG) visita hoxe a ladea de Ordoeste, na Baña, e Lagares, en Monfero. Santa María de Ordoeste é unha das quince parroquias do concello coruñés da Baña, na comarca da Barcala. Esta é unha terra de forte tradición agraria e un lugar de paso, pero con vida propia. Ordeste foi terra de emigrantes, aínda que maioría deles están a retornar. Os reporteiros coñecerán a Andrés, a quen a morriña fixo regresar de Brasilia, e visitarán unha casa de turismo rural con vistas ao río Barcala.

Lagares é un aldea situada no concello coruñés de Monfero, na zona sur do parque natural das fragas do Eume, ao pé da serra da Loba. Os reporteiros do programa coñecerán a algún dos persoeiros do lugar, coma Manolo, o carpinteiro, que fai sellas e copetas de madeira.