A Revista da Televisión de Galicia (TVG) coñecerá hoxe en directo en Lugo a parella que obtivo o bronce na Copa do Mundo de Salsa deste ano. Jandro Pallares e Magali Piedra acadaron este galardón na World Cup Salsa IDO e tamén conseguiron o ouro no II Open Internacional de Bailes Caribeños.

E para combater a calor, o equipo do programa conectará cun colexio de As Neves onde vai ter lugar un obradoiro de xeados impartido por Judith Comes, directora de Frutart, unha empresa dedicada á decoración gastronómica.

No eido das entrevistas, o programa contará coa presenza da cardióloga do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (Chuac) Marisa Crespo, unha das mulleres que este ano recibiron as Medallas Castelao. A ourensá é experta en transplantes de corazón, labor que realiza no complexo hospitalario da Coruña.

A Revista recibirá tamén o ortodoncista Juan Carlos Pérez Varela, que falará sobre os riscos do exceso de branqueo de dentes.