'Cos pés na terra' contará hoxe ovellas, cultivará produtos saborosos e xogará á tradición
'A Revista' falará sobre negocios que voltan á actividade co inicio da fase 3 da desescalada

Diego, coas súas ovellas, en 'Cos pés na terra'. / Tvg
Redacción | A coruña
O programa Cos pés na terra da Televisión de Galicia (TVG) ten hoxe unha cita cunha vella amiga, Loli, unha labrega afeita a cultivar produtos saborosos, a traballar en equipo e a vender todo e canto rico sae da súa terra.
Os espectadores tamén coñecerán a Manu, Sara e Leda. O programa estará na súa fermosa casa para descubrir os segredos do feltro feito con la e algún dos xogos antigos que eles mesmos fabrican.
Ademais, o espazo da TVG ten unha cita para contar ovellas, e non para durmir, senón para contar todas e cantas ovellas ten Diego, un gandeiro a quen nunca lle falta axuda dun can máis ca eficiente.
'A Revista'
Por outra banda, A Revista segue pendente da actualidade relativa ao coronavirus, e falará sobre como vai ser a mellora das condicións para a hostalería e a reapertura dos locais e bares nocturnos na fase 3 e en diante da desescalada, respectivamente, con Samuel Pousada Soaje, presidente da Federación de Empresarios de Salas de Festa, Baile e Discotecas de Galicia; con Miguel de la Cierva, propietario do Náutico de San Vicente, e con Lois López, membro da directiva da Asociación Hostelería de Compostela. O magazine conectará tamén, en directo, con outros negocios que poden reabrir as súas portas e organizar eventos con maior capacidade, coma son os ximnasios e os pazos. Ademais, Loly Gómez conversará con Mayca, dona do pazo Vista Alegre, en Vedra; e con Carlos, do ximnasio Forus Lugo.
E como cada luns, o magazine exporá coa xornalista do xornal ABC Patricia Abet e o avogado Evaristo Nogueira os temas de sucesos máis destacables dos últimos días.
- Ya hay fecha de boda en Pasapalabra: 'Será el 21 de junio, no queda nada
- Zara vuelve loca a A Coruña con una colección exclusiva de San Juan: solo a la venta en la calle Compostela
- Venden una finca de 1.500m² con casa a reformar y en zona costera por menos de 50.000 euros: a 1 hora de A Coruña
- El Supremo legitima a Oleiros para recurrir el área proyectada en O Seixal
- El ‘tiktoker’ que se come la ciudad de A Coruña
- La mitad de los españoles tiene déficit de vitamina D: síntomas y qué comer para evitarlo
- Comienza el adiós del viejo hospital: las máquinas ya derriban el Hotel de Pacientes
- Dr. Víctor Bravo, endocrino: 'Comer menos y andar más no es la mejor solución para perder peso