O son da ribeira trasládase hoxe ata a Costa da Morte para investigar a orixe e dar a coñecer un pouco máis o Alalá de Muxía nun programa que se emite ás 10.00 horas na Televisión de Galicia. Baixo a dirección e presentación de X. H. Rivadulla Corcón, o espazo de Producións Celta analizará os alalás, unha das formas musicais máis ancestrais da comunidade galega.

O capítulo empeza cunha visita a pedra de abalar, que xa non está no seu sitio orixinal xa que o mar, a pesares das súas doce toneladas de peso, consiguiu movela coa forza da agua. Segundo a lenda cristiá esta pedra é a barca da Virxe, e segundo a lenda da cultura megalítica é a barca de Caronte, que leva a alma dos mortos á Illa da Eterna Xuventude.

O Alalá de Muxía é un dos alalas conxuntamente co Alalá das Mariñas que pode considerarse como canon dos alalás da música galega, que son a nosa forma musical máis ancestral. En Muxía pode considerarse un himno xa que os muxiáns séntense representados neste alalá. Ademais, as súas múltiples interpretacións permiten levar polo mundo o nome desta vila coruñesa.

A primeira formación que interpretará o tema no programa será o o grupo de pandeireteiras Abaladeiras, que ofrecerá unha versión especialmente emotiva. Despois da actuación, Rivadura Corcón falará con Felipe Sar, profesor e director da agrupación, quen contará o que significa este alalá para os veciños.

Xabier Díaz e Uxía tamén farán unha versión desta peza o mesmo que todas as agrupacións musicais compostas por veciños de Muxía, como a Coral Polifónica Virxe da Barca de Muxía, que interpretarán o famoso tema.