O son da ribeira achégase ata Portonovo para presentar a canción A Dorniña, composta por Manuel Uhía, que naceu nesta localidade pontevedresa. A emisión do capítulo, elaborado por Producións Celta coa dirección e presentación de X. H. Rivadulla Corcón, é hoxe, ás 10.50 horas, na Televisión de Galicia (TVG).

Considerado como un tema importante na música tradicional de Galicia, a canción fala de amores e ao longo do programa os espectadores poderán escoitar diferentes versións. A primeira é a interpretada polo grupo de música de taberna Os Firrás, de O Grove.

A continuación, e para coñecer como naceuA Dorniña e como era o seu autor Manuel Huía, o programa organiza unha charla con varios dos seus fillos, Rosa, Lola e Martín. En conversación con Rivadulla Corcón, falan da orixe do tema, do importante que era a música para o seu pai, que era mariñeiro, e de outras moitas cancións que compuxo para grupos e comparsas de Portonovo.

Ademáis, outro dos traballos de Producións Celta, O clan das mariñeiras, regresa mañá, las 11.50 horas, á grella da TVG co capítulo O soño de Paloma Fornos. Peixeira de sentimentos familiares. O programa fala da importancia desta muller na cultura mariñeira e quere homenaxeala.

Nesta ocasión, mostra o día a día de Paloma Fornos, que abre cada día a súa peixería ás oito da mañá tras chegar da lonxa de A Coruña, á que vai sobre las cinco o que xa permite augurar unha longa xornada de traballo. Xunto a ela traballan a súa filla Carmen, o seu home, Juan, e o seu fillo, que se chama como el. Cando se chega ao final da mañá e hai que recoller a peixería é tamén o tempo do balance da xornada para seguir co traballo na casa.