O son da ribeira aborda na súa emisión de hoxe (TVG, 10.50 horas) a cantiga de Mendinho Sedia-m’eu na Illa de San Simón. O programa, encargado pola canle autonómica a Producións Celta e dirixida e presentada por X. H. Rivadulla Corcón, aborda a figura deste trobador, probablemente nacido nalgún lugar da ría de Vigo e do que apenas se sabe nada agás que escribiu varias cantiga das que tan só unha chegou ata os nosos días.

Un dos intérpretes que musicou o tema é Amancio Prada, que coa súa mestría fai unha versión moi trobadoresca. Ademais, o programa fala coa poeta Marta Dacosta sobre o texto de Mendinho. Tras esta conversación, o dúo composto por Clara Pino e Pablo Vidal ofrece a súa versión moi persoal. Antes explican como afrontaron o traballo de musicalización da cantiga.

Rivadulla Corcón entrevista tamén ao patrón maior da Confraría de Redondela e mariñeiro da enseada de San Simón, Xoel Schward. Conta a situación do porto de Cesantes ou do plan de cría de choco. Intervén tamén Lupe Bouzón, vixilante da Confraría, quen aborda a situación pesqueira e da ós telesepectadores unha receta especial de empanada de choco.

Por outra banda, a TVG emite mañá, ás 12.00 horas, un novo capítulo de O clan das mariñeiras. Realizado tamén por Producións Celta e coa dirección de Rivadulla Corcón, titúlase O soño de Amelia Pernas. A memoria do mar na súa memoria.Esta muller traballa no Museo Provincial do Mar de San Cibrao, ubicado nun edificio no que a propia Amelia estudiou cando era pequena xa que acollía a escola. Alí foi donde o mestre Francisco Rivera Casás espertou o seu interese pola memoria do mar.