Caderno de bitácora achégase ata Bueu para coñecer o traballo nunha carpintería de ribeira, a de Purro, ubicada na Banda do Río de Bueu. A TVG emite o capítulo Manuel González ‘Purro’: dar forma á madeira para sucar os mares hoxe, ás 10.55 horas. Realizado por Producións Celta para a canle autonómica baixo a dirección e presentación de X.H. Rivadulla Corcón, o programa permite descubrir co seu protagonista como se pode construir un barco con madeira.

Ademais de falar con el, para coñecer ben os seus secretos, Rivadulla Corcón entrevista ao seu amigo Víctor Domínguez, presidente da Asociación Os Galos, dedicada á conservación e promoción de embarcacións tradicionais en Galicia. O estaleiro de Purro ten máis de cen anos e actualmente as carpinterías de ribeira son os templos da cultura mariñeira e este espacio, en funcionamento ata o año 2003, está recoñecido como Ben de Interese Cultural.

A cultura mariñeira foi e segue sendo unha das riquezas transcendentais de Galicia, e a carpintería de ribeira é un dos centros desta cultura ao ter un valor especial porque nace do esforzo do traballo de homes e mulleres. E Manolo Purro fai parte da historia desta cultura. Por eso o programa, xunto cos seus amigos e familia, renden unha emotiva homenaxe a un home que ocupa un lugar destacado.

Por outra banda, a TVG emite mañá, ás 11.50 horas, o capítulo O soño de Isabel Maroño: mariñeira con espírito emprendedor, do programa O clan das mariñeiras. Ela é a patroa maior e secretaria da Confraría de Pescadores y Mariscadores de Ferrol dende hai sete años, sendo a primeira muller que ocupa este cargo.