O Clan das Mariñeiras achégase ata Arcade para dar a conocer o traballo da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca (Anmupesca), que ten á mariscadora desta parroquia de Soutomaior, Rita Míguez, como presidenta e outras mulleres galegas traballadoras do mar na directiva. A TVG emite mañá, a partir das 11.50 horas, o capítulo titulado O soño de Rita Míguez. Mariscadora construido para o futuro, realizado por Producións Celta.

Deste xeito, ademais de falar con Rita Míguez, que chegou ó seu oficio tras casar co fillo dunha mariscadora, o presentador Rivadulla Corcón fala tamén con Ángeles Millé, redeira de Malpica e secretaria de Anmupesca. Outras das protagonistas da emisión por ocupar diferentes cargos na entidade son a canguesa Marisa Paz, a tamén mariscadora Marina Buceta, que foi a primeira vicepresidenta da asociación, ou Rocío Fernández, redeira en Cariño e tesoureira de Anmupesca.

Todas elas, con Rita Míguez ao frente, buscan mellorar as condicións de traballo das mulleres do mar e crear un clan de traballadoras en diferentes oficios que anteriormente non tiñan relación.

Rita Míguez, que non pensaba que sería mariscadora, traballa na construción dunha asociación que reivindica as condicións laborais das mulleres do mar de toda España e conseguiu unir aos diferentes colectivos nun só. Por este motivo, O Clan das Mariñeiras destaca o seu esforzo e determinación e fai con este programa unha emotiva homenaxe aotraballo de todas as mulleres do mar simbolizadas na figura de Rita.

Por outra banda, a TVG emite hoxe, ás 10.50, o capítulo Pili Guiance. O milagre do peixe nas mans da peixeira da serie Caderno de bitácora. Tamén de Producións Celta para a canle autonómica e con X.H. Rivadulla Corcón ao frente, a emisión aborda a vida desta peixeira que traballou polas lonxas de O Grove e Portonovo e nas prazas de abastos de Pontevedra e Portonovo.