Na poboación de Celeiro, en Viveiro, repartíronse este pasado sábado arredor de 2.000 racións de pescada en oito preparacións distintas durante a XXIII Festa da Pescada do Pincho, en que estivo presente o programa da É hora de festa, da Televisión de Galicia (TVG). Esta exaltación recibe cada ano a visita de milleiros de persoas que se achegan ao lugar para degustar este delicioso peixe branco, capturado de xeito tradicional con anzol e que durante o evento se pode degustar de moi variados xeitos: en caldeirada, en salsa verde, á galega, en empanada, en salpicón, etc.

A reporteira Olaya Rivas acompañou os asistentes á festa desde que se abriu a venda de tíckets ata que comezou a degustación dos diferentes pratos.