‘A porta aberta’ fala coa Sociedade Galega de Historia Natural
A serie encargada por TVG a Producións Celta chega ao capítulo 19

Serafín González, Moisés Asensi, Laura Iglesias e Xan Silvar. | // LO / REDACCIÓN
REDACCIÓN
A porta aberta chega hoxe, ás 19.30 horas na TVG2, ao seu capítulo 19. Titulado Sociedade Galega de Historia Natural. Poñendo en valor a natureza, aborda o traballo que realiza este colectivo a prol da conservación da natureza.
Para elo, conta como invitados co seu presidente, Serafín González; un dos seus fundadores, Xan Silvar; Moisés Asensi, socio e autor de estudios sobre a fauna galega; e Laura Iglesias, socia e experta en conservación de aves urbanas.
A Sociedade Galega de Historia Natural creouse en 1973 co obxectivo de dignificar o patrimonio natural e gardar o compromiso dos seres humanos coa natureza e demais especies animais que conviven coas persoas para respectala, conservala e reparar o seu deterioro. Así, Galicia é un espazo natural privilexiado e, aínda que goza dunha calidade medioambiental moi satisfactoria, non está exenta de sufrir deterioro.
Un exemplo do traballo do colectivo é o Museo de Historia Natural. Ubicado en Ferrol, é hoxe unha realidade que trascende o territorio galego e que foi impulsado, case exclusivamente, polos seus asociados, tanto desde o punto de vista económico como do traballo.
Ilusión, capacidade de traballo e ganas de contribuír a un planeta en mellores condicións son algunhas das características da Sociedade Galega de Historia Natural que tamén atesora fondos coñecementos do medio natural.
Así sabe de bosques galegos, do mar, das cidades e vilas, do voo das aves ou o camiñar das diferentes especies animais, sen esquecer a frondosidade vexetal.
Deste xeito, os obxectivos da Sociedade Galega de Historia Natural pasan por traballar para coidar a natureza e impulsar o respecto por ela para que deste modo volva a ser a protagonista do planeta.
- Aterriza a una hora de A Coruña una de las mayores verbenas del verano: Panorama, El Combo, Los Satélites y París de Noia juntas desde este viernes
- El eclipse total de sol en A Coruña en directo: sigue todos los detalles sobre el fenómeno astronómico del año
- ¿Dónde ver el eclipse en A Coruña sin salir de tu barrio? El Concello propone 43 rincones con vistas estratégicas
- Así es el pueblo de A Coruña elegido como el más bonito de España por la revista 'Viajar': con casas de colores, flores y balcones frente al agua
- Guía para ver el eclipse en el área metropolitana de A Coruña: cortes de tráfico y mejores zonas de observación
- La Batalla Naval volverá a iluminar la noche de A Coruña con 20 minutos de fuegos artificiales: fecha, horario, lugares y cortes de tráfico
- Así son los cortes de tráfico y el dispositivo de transporte público este día del eclipse en A Coruña
- Javier Saavedra, director de Los Satélites: 'Las fiestas de María Pita deberían dedicarle un día a las verbenas