O programa A porta aberta, que está realizado por Produccións Celta, contaranos esta noite (TVG2, 21.30 horas) a historia e a actualidade da Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi).

Felipe Laje, presidente deste colectivo e director de Zeitun Films; Xosé Lois Ledo, vicepresidente de Agapi e director de Nós Produtora Cinematográfica Galega; Gael Herrera, socia da asociación e produtora executiva en Tamboura Films; e Uxía Caride, xerente de Agapi, falarán do traballo e as inquedanzas neste sector.

A imaxe que cada territorio con identidade cultural propia transmite ao mundo é de enorme relevancia no que reflicte ao audiovisual, tanto a través das producións de cine como da TV.

Por isto se trata dunha industria cultural de importante transcendencia social segundo se remarcará neste programa.

No caso de Galicia a maioría das produtoras do sector agrúpanse en Agapi.

As dinámicas de traballo nas produtoras que a forman dependen do tipo de pezas que realizan, sexan de televisión ou cinematográfico.

No sector televisivo a apertura da TVG deu orixe á expansión das produtoras deste sector, hoxe moi consolidado, pola propia dinámica da canle autonómica.

No ámbito cinematográfico asistimos a un tempo crucial co nacemento do que se dá en chamar o novo cine galego, un feito transcendente para a nosa cultura. O audiovisual goza así dun gran atractivo social pero o que sucede fóra dos focos e detrás das cámaras supón un complexo traballo.

A porta aberta foi encargada por TVG a Producións Celta, e está dirixida e escrita por X. H. Rivadulla Corcón.