Genito Otero, home polifacético pero sempre en favor do colectivo humano alí onde estivera, e Julián García, tamén metido en mil enredos e na procura sempre de mellorar a vida na Arousa, serán esta tarde os protagonistas do espazo Grazas á vida, que emítese na TVG-2 (17.25 horas). Namorados ambos das terras arousanas, Genito e Julián son dous excelentes conversadores e por isto hoxe a palabra vai ser a homenaxeada neste espazo escrito e dirixido por X.H. Rivadulla Corcón.

Os lugares escollidos por Genito para contar a súa vida con Noa García son a casa familia no número 3 da rúa do Cruceiro, o barrio arousano do Regueiro e a Caixa de Aforros de Pontevedra, onde traballou de administrativo. Doutro lado, Julián falará do Carreirón, dos edificios primeiro e actual do Concello e, como non podía ser doutro xeito, das bateas.