A porta aberta chega hoxe (TVG ás 20.35) ó seu capitulo 44 coa emisión de Federación Down Galicia. Un xeito distinto de mirar o mundo. Elaborado por Producións Celta para a canle, o programa dá a coñecer ós telespectadores o traballo que desenvolve este colectivo y también os obxectos que trata de acadar.

Para contar a historia e a actualidade da Federación Down Galicia, o capítulo, dirixido e escrito por X.H. Rivadulla Corcón, conta nesta ocasión con Delmiro Prieto (presidente da Federación Down Galicia), Rebeca Munín (nai con fillo con síndrome de Down), Cristina Abalo (alumna da Fundación Down Compostela, con síndrome de Down) e Blanca Taboada (directora da Fundación Down Compostela) como invitados. Todos eles falarán de que a sociedade actual non pode organizarse doutro xeito que non sexa democrático. Neste sentido, incidirán en que para iso é preciso que todos os individuos, sen exclusión algunha, poidan aportar o seu xeito de mirar o mundo e tamén exercer os seus dereitos con plena participación. Para iso, para que as persoas con síndrome de Down teñan a posibilidade de exercer os seus dereitos de forma real, non só teórica, traballan con ilusión na Federación Down Galicia.

Por outra banda, o programa porá sobre a mesa o feito de que estas persoas son un exemplo porque as circunstancias da súas vidas as puxeron ante unha realidade coa que non contaban. Pero lonxe de darlle as costas á realidade, aproveitaron para decatarse de que as personas con síndrome de Down enriquecen as súas vidas dun xeito que nunca chegaran a imaxinar. E iso é o que a Federación Down Galicia quere transmitir á sociedade: son un exemplo e debe construirse a realidade en función desta verdade.