Rías Baixas vs. Ribeiro, duelo vinícola da man de «Morra o conto» na TVG

O programa regresa esta noite (22.45 horas) cun episodio de emocións, tradición e viño

Hoxe á noite, «Morra o Conto» volve á TVG cun episodio cheo de emocións, tradición e moito viño. O programa presentado por Alba Mancebo e David Vilares enfrontará os dous grandes caldos galegos: o albariño das Rías Baixas e o ribeiro de Ribadavia.

Desde o impresionante castelo de Soutomaior, un lugar neutral entre as dúas comarcas, descubriremos historias únicas como as da señora Lola, unha muller que conserva cepas familiares de albariño con máis de 200 anos e que dan un viño bautizado co nome da súa nai; ou a de Felicísimo, pioneiro no embotellado do Ribeiro no barrio xudeu de Ribadavia.

Tamén descubriremos por que o mellor enólogo do mundo lle propuxo á adega Forjas del Salnés innovar e conservar as súas botellas en bateas a 14 metros de profundidade.

Entre cantigas taberneiras de Ribadavia e moito humor, os veciños das dúas comarcas competirán por facer valer cadanseu viño porque, como en cada episodio, ao remate o público terá a última palabra: morre o conto... ou non?

O formato enfrontan cada semana dous lugares de Galicia a partir dun tópico que os separa para ver se hai entendemento. Con este obxectivo, preséntanse historias emocionantes e debates apaixonados, sempre desde o humor, antes de que o público ofrezca o seu veredicto.

Tracking Pixel Contents