‘Morra o conto’ abre o debate sobre a canción máis icónica de Galicia
O espazo da TVG propón esta noite (22.45 horas) un duelo entre a ‘Rianxeira’ e a ‘Muiñeira de Chantada’

David Vilares e Alba Mancebo, presentadores de ‘Morra o conto’. | LOC
Redacción
Humor, emoción e moita música son os ingredientes da emisión de hoxe de Morra o conto (TVG, 22.45 horas). O espazo propón esta noite dende o hotel EcoHotel Nós de Silleda un duelo musical épico para decidir cal é a canción máis icónica de Galicia: a Rianxeira ou a Muiñeira de Chantada. Alba Mancebo e David Vilares guiarán este encontro onde tradición e emoción serán protagonistas nunha loita entre costa e interior, mar e terra, voz e gaita.
O espazo promete desvelar curiosidades únicas, como a incrible historia de como Andrés do Barro levou a Coral de Chantada para gravar o seu primeiro disco en Madrid nos anos 70, ou os segredos da Rianxeira revelados por unha familiar do seu compositor.
Para Mancebo, a elección está clara: «A Rianxeira representa moito máis que unha canción, é un símbolo do noso vínculo co mar, a migración e as festas galegas que nos unen».
Discrepa Vilares, que, como gaiteiro, asegura que «a muiñeira de Chantada é Galicia pura, a canción que todo gaiteiro debe saber tocar». Ademais, a muiñeira «conseguiu evolucionar ata ser un himno para todas as xeracións», engade o lucense. Morra o conto é un programa de entretemento que enfronta de forma divertida dúas localidades de Galicia arredor dun tópico ou rivalidade que as define, como marisco ou cocido, banda ou orquestra, ou mesmo o eterno Celta-Dépor. A través de reportaxes e entrevistas nunha gala en directo, os presentadores Alba Mancebo e David Vilares descobren historias entrañables, personaxes únicos e momentos de grande emoción, celebrando as diferenzas que enriquecen a identidade galega mentres o público decide se «morre o conto» ou non.
As emisións están dispoñibles para a súa visualización na plataforma audiovisual agalega.gal.
Suscríbete para seguir leyendo
- El regreso de Ana Rosa Quintana a las mañanas comienza con una ausencia inesperada en la parrilla de Telecinco
- La romántica vuelta de un icono: El Huevito reabre en la calle San Juan de A Coruña
- El Deportivo abandona la plaza de Pontevedra
- 540 millones para los 11 estadios del Mundial 2030
- Curtis invita a apostar por el rural
- El Dépor, el sastre de confianza y las costuras que tiran
- Así es el 'multirrestaurante oculto' de A Coruña: seis cocinas diferentes para ponerte las botas
- Los 6 hábitos que indican que tienes un coeficiente intelectual alto