Ferrol aporta os seus cantos de taberna ao espazo da TVG «Traes unha cantiga?»
Tres agrupacións do concello ferrolano participan no programa desta semana que se emite mañá, ás 17.45 horas
Traes unha cantiga? fai parada en Ferrol. O programa da TVG que persigue dar visibilidade aos cantos de taberna recala mañá (17.45 horas) nesta cidade para escoitar a tres novas agrupacións que buscan posicionar as súas respectivas cantigas entre as pezas máis populares de Galicia
O espazo, realizado por Producións Celta e que presenta Noelia Rey, escolleu o café ferrolán Defer para acoller a emisión desta semana, que conta no xurado co experto en música tradicional Xurxo Fernándes e Samuel González, guitarra e voz do grupo The Rapants. Vandevaranda, Chiribicos e Acordeonistas de Ferolterra son os grupos participantes, que terán como madriña a Sonia Reborido, música e profesora de canto e baile tradicional.
O grupo de cantos de taberna Vandevaranda naceu no ano 1998 vinculado á Escola da Vaca, no barrio de Canido, sendo a primeira escola de ensino musical non regrado da comarca de Ferrol. No curso 2018-2019 engadiron os cantos de taberna á súa oferta educativa.
Para o programa escolleron interpretar a cantiga ‘Licor do negro café’, unha canción moderna composta polo grupo ourensán Lamatumbá, pero que está considerada xa un himno dos cantos de taberna.
Non hai nin un ano que botou a andar Chiribicos, un grupo cuxos integrantes viven nos concellos de Neda e Ferrol e teñen unha ampla traxectoria en diferentes formacións musicais. Decidiron formar un grupo de cantos de taberna pola alta demanda que ten este tipo de música actualmente.
En Traes unha cantiga? participan con ‘Pousa, pousa’, que acadou gran popularidade ao ser interpretada polo grupo vigués A Roda no seu primeiro disco, editado en 1977 e que foi Premio da Crítica de Galicia. Por último, Acordeonistas de Ferrolterra xurdiu antes da pandemia. De feito, ían ter a súa primeira actuación nas festas de Ferrol daquel ano, pero tiveron que cancelalo polas restricións do COVID. Despois da pandemia decidiron retomar aquela idea de ter un grupo de acordeóns que axudase a reactivar a vida musical da comarca. A maioría dos integrantes do grupo son xubilados.
Escolleron a cantiga ‘O carro’, poema musicalizado de Manuel María e que popularizou o grupo Fuxan os ventos. A día de hoxe, está considerado un himno popular que enxalza a Galicia labrega e denuncia o seu despoboamento.
- El Deportivo abandona la plaza de Pontevedra
- El Deportivo trasladará su sede social al estadio de Riazor
- El Dépor, el sastre de confianza y las costuras que tiran
- Una mujer muerta y otra herida de gravedad en una colisión frontal en Ames
- Álex Alfaro: «Mi siguiente paso debe ser en un primer equipo aquí o fuera»
- Lucas rechaza al PSV que le ofrecía año y medio de contrato
- Estrella Galicia lanza la ‘Enciclobirra’, la primera enciclopedia bebible
- El Leyma ficha al dominicano Ángel Núñez para suplir a LJ Figueroa