En busca do monumento que mellor nos define como galegos
O programa ‘Morra o conto’ enfronta esta noite (22.45 horas) á Torre de Hércules contra a Muralla de Lugo
O espazo Morra o conto pon esta noite sobre a mesa un debate que nos persegue dende a época romana: que monumento nos define mellor como galegos, a Torre de Hércules, a carón do mar, que guía mariñeiros ata os seus fogares, ou a Muralla de Lugo, completamente integrada na vida da veciñanza e que protagoniza a mellor festa da cidade.
O terreo neutral escollido nesta ocasión será o Balneario de Guitiriz, rodeados dunha fermosa paisaxe natural e dunhas augas termais que nos levan a relaxación, veremos se esto é suficiente para rebaixar a tensión do duelo dos dous presentadores do novo formato.
Durante o programa desta noite (TVG, 22.45 horas), Alba coñecerá aos veciños de Monte Alto, quenes coma Antonio lle contarán a historia da Torre e as súas historias e recordos en torno a mesma, disfrutará da música dos Kilomberos e, como non, subirá ata o máis alto do monumento herculino con Tamara, mentras David, cos testimonios dos seus veciños, reafirmará a beleza e importancia da Muralla para Lugo, compartirá a paixón pola historia con Guido, visitará aos veciños que o viron medrar e como para comer Lugo… preparará unha receita con Héctor.
Entre comparsas e pandeiretas, a veciñanza terá que decir si morre o conto ou si o prolongamos outros tantos anos máis.
Morra o conto, dispoñible tamén en agalega.gal, é un programa de entretemento que enfronta de forma divertida dúas localidades de Galicia arredor dun tópico ou rivalidade que as define, como marisco ou cocido, banda ou orquestra, ou mesmo o eterno Celta-Dépor que tanta paixón xera.
A través de reportaxes e entrevistas nunha gala en directo, os presentadores Alba Mancebo e David Vilares descobren historias entrañables, personaxes únicos e momentos de grande emoción, celebrando as diferenzas que enriquecen a identidade galega mentres o público decide se «morre o conto» ou non, nun emocionante enfrontamento entre dous emblemas das cidades da Coruña e Lugo.
- Goya 2025: Los 10 momentos clave de la gala
- EN DIRECTO | RC Deportivo - UD Almería
- Los gritos de Melody en la alfombra roja de los Goya que desquiciaron a Jedet: '¿Puede dejar de cantar?
- El absentismo en la recogida de basura continúa: 1 de cada 4 trabajadores no acude a su puesto
- Un pueblo con playa de la provincia de A Coruña está entre los más baratos para comprar una casa: 645 euros el metro cuadrado
- Arde un piso en la avenida de Hércules, en Monte Alto
- El arte de hacer que todo salga bien
- Yeremay: «Pedí ayuda, no me sentía yo, ahora lo llevo mucho mejor»