Cinco grupos compiten pola primeira praza na final de ‘Traes unha cantiga?’
O programa da Televisión de Galicia (mañá, ás 17.45) volve escoitar parte das mellores interpretacións
Os espectadores da TVG están máis cerca de coñecer cales son os cantos de taberna máis populares de Galicia da man do programa Traes unha cantiga?, que mañá domingo (17.45 horas) celebra a súa primeira semifinal, grabada na Taberna A Cabana de Padrón. Nela participan cinco grupos cuxa interpretación foi elexida como a mellor nas anteriores emisións do espazo. Disputarán un único pase á final, na que a gañadora se enfrontará en duelo coa agrupación vencedora da segunda semifinal.
O programa, que presenta Noelia Rey, contará mañá coa participación das Cantareiras Bulideiras, de Vilagarcía de Arousa; Peis D’hos, de Cangas; Faro da Guía, de Vigo; Xermolos, de Guitiriz; e Xurupia, de Cenlle, que volverán cantar as peza polas que foron recoñecidas. A Muiñeira de Santo Amaro volverá sonar nas voces do grupo de pandeireteiras Bulideiras, de Vilagarcía de Arousa, gañadoras do premio á mellor interpretación no programa gravado na comarca do Salnés.
Pola súa banda, Peis D’hos, de Cangas, achegará a súa versión de Na beira do mar, recoñecida como a mellor da comarca do Morrazo, mentres que as voces masculinas do grupo vigués Faro da Guía, cantarán Airiños, airiños, aires, versión musicalizada do poema de Rosalía de Castro que popularizaraon Los Tamara. Xermolos, de Guitiriz, gañaron na comarca a Terra Chá cunha interpretación a modo de regueifa entre homes e mulleres de O quer que lle quer, que volverá sonar así no «Traes unha cantiga?». Do mesmo xeito, o grupo Xurupia, formado por xubilados de Laias, no concello ourensán de Cenlle, cantarán O andar miudiño que os fixo vencedores na comarca do Ribeiro.
A máis popular
Pero xunto á mellor interpretación, outras cantigas compiten por ser a máis popular, un título que recibirá a mellor valorada nunha macroenquisa realizada pola empresa demoscópica Sondaxe. A gañadora tamén participará na final. No programa de mañá recordaránse cinco das seleccionadas nas distintas comarcas: O sancristán de Coimbra, de A Banda do Sequío, elexida no Salnés; Na beira do mar, de Peis D’hos, no Morrazo; A rianxeira, de Ata o Mandil, Dolores, en Vigo; O galo, de Mestura de Nete, na Terra Chá; e O andar miudiño, de Xurupia, no Ribeiro. A semifinal volverá contar Xurxo Fernandes e Samuel González no xurado, aos que se sumará a cantautora Sheila Patricia como madriña.
- Ya hay fecha de boda en Pasapalabra: 'Será el 21 de junio, no queda nada
- Así empezó Zara: las primeras dependientas reviven la tienda donde nació el imperio
- Las primeras trabajadoras idearon el nombre de Zara para aprovechar un rótulo ya fabricado
- La coruñesa Rosa rompe su silencio y denuncia lo que está pasando en 'Pasapalabra': 'No eres consciente
- Esta es la línea de bus que más emplean los jóvenes de A Coruña, y no es la de Marineda
- Cooperativistas de Xuxán: «Este es un modelo fallido, somos prestamistas de la Xunta»
- RTVE toma una decisión con respecto a Broncano: sacan de emisión 'La revuelta' el próximo martes
- Xunta y Concello de A Coruña postergan la negociación sobre la terminal de bus a abrir la intermodal