‘Morra o conto’ enfronta esta noite a vida nunha vila pequena e a da gran cidade
A Pobra de Trives e Vigo, representantes de vida na vila e vida na grande urbe, loitarán no programa da Televisión de Galicia de hoxe ás 22.45 horas por ver en cal se vive mellor

David Vilares e Alba Mancebo, presentadores de ‘Morra o conto’. | CRTVG
Esta noite ás 22.45 horas o programa da Televisión de Galicia Morra o conto desprázase ata o Hotel Oca de Allariz, o terreo neutral desta semana para esclarecer dunha vez por todas, ou non, onde preferimos os galegos vivir, ou dito noutras palabras, onde se vive mellor, no rural, ca sua paz e encanto, ou na cidade, co seu axetreo e modernidade.
Alba ten claro que por moitas desventaxas que poida ter vivir nunha vila de menos de 2.000 habitantes como é a Pobra de Trives, a calidade de vida que lle ofrece a vila supera con creces a da cidade, cousa que puido ver a través de Isabel e Geli, que deixaron as suas vidas nas cidades para emprender no rural, ou a través de Farruco, quen non podía camiñar sen parar a saudar aos veciños e sentir ese caloriño humano, por non falar do milleiro de asociacións e actividades que fan tal e como lle amosaron as Macizas centrais.
Mentres, David asegura que as comodidades e luxos que ofrece unha cicade coma Vigo non se opacan con nada, e así quixo facerllo ver á súa compañeira, acudindo a un dos mellores hoteis de Vigo e disfrutando das maravillas que lle ofrecía Rocío no Gran Hotel Nagari, por non falar da gran variedade de productos frescos que atopou no mercado con Txema, para rematar con Balbi e as compañeiras de Ata o Mandil, Dolores, xa que música boa e tradicional, non só se pode disfrutar no rural.
No programa Morra o conto desta noite o humor, emoción, bicas, comida e moita música, vólvense a xuntar como cada domingo na Televisión de Galicia.
Este programa de entretemento da canle autonómica pon de manifesto cada domingo a enfronta de forma divertida dúas localidades da comunidade arredor dun tópico ou rivalidade que as define, como marisco ou cocido, banda ou orquestra, ou mesmo o eterno Celta-Dépor.
Este programa, en definitiva, a través de reportaxes e entrevistas nunha gala en directo e dos presentadores Alba Mancebo e David Vilares, descobre historias entrañables, personaxes únicos e momentos de grande emoción, celebrando as diferenzas que enriquecen a identidade galega mentres o público decide se «morre o conto» ou non.
- El futuro modelo de ocio nocturno de A Coruña, a debate en la ciudad que ‘duerme de pie’
- La coruñesa Rosa rompe su silencio y denuncia lo que está pasando en 'Pasapalabra': 'No eres consciente
- EN DIRECTO | CD Castellón - RC Deportivo
- Hacienda ya puede saber si guardas dinero en efectivo en tu casa
- Las terapias CAR-T contra el cáncer se consolidan en el Chuac de A Coruña, con casi 40 pacientes tratados en dos años
- Genreau pierde la brújula en Castalia
- El primer Aldi de la comarca abrirá en abril en Perillo
- Aparatoso accidente en la plaza de Pontevedra con un coche empotrado en un escaparate