‘Traes unha cantiga?’ dirime en Padrón a segunda semifinal da música de taberna
Foles das Mariñas, Zoadeira, Fol do Raxal, Vandevaranda e Raigañas xóganse outro posto na final | No espazo de mañá (TVG, 17.45 horas) lémbranse as cantigas máis populares

O xurado desta segunda semifinal, composto por Xurxo Fernandes, Samuel González e Sheila Patricia. | TVG
A taberna A Cabana, no concello de Padrón, foi o espazo escollido para dirimir a segunda semifinal —do mesmo xeito que ocurreu coa primeira— do programa Traes unha cantiga?, que mañá, domingo, emite a TVG a partires das 17.45 horas. Participan neste espazo os cinco grupos gañadores á mellor cantiga interpretada:
Foles das Mariñas é un grupo de acordeonistas e voces pertencentes á Asociación de Amigos do Acordeón da Coruña que persegue o obxectivo de potenciar o acordeón como instrumento tradicional. A cantiga que elixiron é O San Benitiño, que foi popularizada pola Roda e A Charanga do Cuco de Velle incluíuna no seu disco Na palleira (1980)».
Zoadeira, grupo de pandeireteiras de Ourense, vinculado á Asociación Música e Cultura de Galicia, participará coa cantiga Ai, Maruxiña, moi popular nas tabernas galegas e que tamén está presente no repertorio de varios grupos, como Malvela ou Os Carunchos.
Fol do Raxal, do concello de Cervo, grupo de formación e repertorio tradicional, interpreta a cantiga O Roubador, moi cantada nas tabernas galegas e popularizada por grupos como Cantata Vernácula e A Roda.
Vandevaranda, vinculado á Escola da Vaca de Ferrol, na que imparten un curso especifico de cantos de taberna, interpreta a cantiga Licor do negro café, composta polo grupo ourensán Lamatumbá, pero que xa está considerada un himno dos cantos de taberna.
Raigañas, grupo integrado na asociación cultural do mesmo nome que traballa na recuperación do legado das cantareiras, tocadoras, bailadoras e regueifeiras na comarca de Bergantiños, competirá na semifinal con Amoriños collín, peza recollida a cantareiros de etnia xitana polo antropólogo na zona de Ordes en 1965.
No programa número 25 de Traes unha cantiga? tamén lembraranse as cancións gañadoras como as máis populares, mediante fragmentos da súa actuación no programa. Coa macroenquisa realizada por Sondaxe unha delas saíra gañadora e participará na final. A saia da Carolina, interpretada por Coitelo de pau, O rodaballo (Cuncas do Son), Catro vellos mariñeiros (Cordenaia), Pousa, pousa (Os Chiribicos) e Camariñas (Os Farrapos de Cesullas) serán lembradas coma as cantigas máis populares coas súas interpretacións no programa.
- Almudena Cid ya habla de su embarazo tras comenzar una nueva vida con su pareja: 'Estoy bien, tranquila, súper bien
- Noelia Gómez: «Para ser Guardia Civil no hace falta ser un armario, hace falta carácter»
- Pichis, director de Marina Coruña: «Prefiero cien niños que aman el mar antes que un campeón que deja la vela»
- Un piso de tres habitaciones en O Ventorrillo se vende por 140.000 euros
- A Coruña dice adiós a la hamburguesería que dio de comer a generaciones
- Un restaurante de barbacoa coreana causa sensación en A Coruña con sus 'mesas burbuja' y su decoración 'de película
- El grupo Unicaja pone a la venta un piso de dos habitaciones en A Coruña por menos de 100.000 euros
- Condenan al Imserso por excluir de la bolsa de empleo a una aspirante que no cogió el móvil porque estaba en el dentista