‘Morra o conto’ mide a potencia militar de Ferrol e Marín
O programa da TVG ofrecerá hoxe, ás 22.40 horas, a súa última ‘batalla’ da temporada

David Vilares e Alba Mancebo, presentadores de ‘Morra o conto’. | Producións Celta
O programa Morra o conto trae hoxe (TVG, 22.40 horas) unha nova e fascinante batalla entre dúas localidades de gran importancia no ámbito militar de Galicia: Marín e Ferrol. Ambas compiten por ser consideradas o enclave militar por excelencia da nosa comunidade.
Dende a Finca Dos Lunas en Santiago, Alba Mancebo será a encargada de defender Ferrol, unha cidade que naceu e medrou da man da Armada e que segue a ser unha referencia naval a nivel europeo. Para preparar a súa defensa, Alba visitou o Museo Naval de Ferrol e, ademais, tivo a oportunidade de pasar por dúas escolas de marines, onde descubriu de primeira man a formación e a disciplina que caracteriza aos futuros mariños de elite.
Pola súa banda, David Vilares apostará por Marín, unha vila de gran foco mediático onde se instrúen futuros oficiais, entre eles os herdeiros á coroa española. David tamén se sumerxeu no ambiente militar, visitando unha das escolas de marines e, como non, comprobando en directo o traballo da Banda de Música Militar, que ademais de formar os futuros oficiais, acompaña con gran solidez gran parte dos actos solemnes da zona.
Neste debate non faltarán os contrastes, as anécdotas, a historia e, como sempre, moita diversión. Despois de tanta formación militar, a ver se Alba e David aprenderon algo da enteireza e saber estar dos marines, porque sempre hai tempo para mellorar a postura e a disciplina.
Morra o conto, dispoñible tamén en agalega.gal, é un programa de entretemento que enfronta de forma divertida dúas localidades de Galicia arredor dun tópico ou rivalidade que as define, como marisco ou cocido, banda ou orquestra ou mesmo o eterno Celta-Dépor. A través de reportaxes e entrevistas nunha gala en directo, os presentadores Alba Mancebo e David Vilares descobren historias entrañables, personaxes únicos e momentos de grande emoción, celebrando as diferenzas que enriquecen a identidade galega mentres o público decide se «morre o conto» ou non.
- La residencia de Eirís, financiada por Amancio Ortega, abrirá a final de año
- Así empezó Zara: Amancio Ortega, el jefe cercano que visitaba cada establecimiento en su Renault 5 rojo
- El Deportivo, atento al mecanismo de solidaridad por Álvaro Carreras: hasta 375.000 euros extra
- La mastectomía endoscópica se afianza en el Chuac de A Coruña: «Es mucho menos invasiva»
- Oficial: el alquiler turístico queda prohibido en todas las comunidades de vecinos
- Un concierto anunciado por el Concello en Riazor abre otro frente con el Dépor
- Esta era la playa favorita de Jesús Vázquez durante su infancia: a media hora de A Coruña
- El Concello de A Coruña prepara 'una serie de conciertos' en Riazor en 2026 como 'despedida antes de las obras' por el Mundial