‘Se canto é porque quero’, unha serie para as Letras Galegas
A proposta audiovisual de tres capítulos pode verse no portal ‘academia.gal’ e na canle de YouTube da Real Academia

Presentación da serie da Real Academia Galega, en Santiago. | LOC
A Real Academia Galega estrea en academia.gal e na súa canle de YouTube Se canto é porque quero, a serie documental das Letras Galegas 2025. A proposta de tres capítulos tece un mosaico de testemuños e olladas que van retratando o mundo das cantareiras e da poesía popular oral, protagonistas da gran festa do vindeiro 17 de maio. Cada episodio parte dunha das tres personalidades nas que a RAG personifica a celebración —Rosa e Adolfina Casás Rama, veciñas de Cerceda; as Pandeireteiras de Mens, de Malpica de Bergantiños; e Eva Castiñeira, de Muxía—, incidindo no carácter coral da mesma e no presente e futuro da tradición que están a reinterpretar as novas xeracións.
A produción afonda nas ideas centrais destas Letras Galegas nas que a RAG quere reivindicar en último termo «a fala do pobo que mantivo vivo o galego ao longo dos séculos, a enorme creatividade da poesía feita anonimamente e a súa vixencia», salienta o presidente da Academia, Henrique Monteagudo. «A natureza colectiva desta festa é outro dos seus esteos», sinala a secretaria da Academia e promotora da candidatura, Ana Boullón.
O Museo do Pobo Galego acolleu a presentación de Se canto é porque quero, unha produción da RAG realizada por Miramemira co apoio económico da Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e o Ministerio de Ciencia. O académico Antón Santamarina, coeditor do Cancioneiro Popular Galego e participante na serie; e os seus codirectores, Damián Varela Pastrana e Alba López Álvarez, compareceron tamén ante os medios neste espazo que custodia o arquivo da etnomusicóloga suíza Dorothé Schubarth e o propio Santamarina.
«Quixemos amosar como son as recollidas, a súa evolución e a dos espazos de aprendizaxe, e puxemos o foco na música do presente», apunta Alba López. Mercedes Peón, Fuxan os Ventos, Felisa Segade ou as rapazas do Regueifa Tour son algunhas das voces convidadas nun relato que fai parada nos tres epicentros das Letras Galegas 2025: Cerceda, Malpica de Bergantiños e Muxía, onde se gravou o peche do terceiro episodio contando coa colaboración de Caamaño&Ameixeiras, Mondra e mais o alumnado e o profesorado do CEIP Os Muíños (Muxía).
- Una discusión de tráfico termina a golpes sobre el asfalto en la rotonda de Cuatro Caminos de A Coruña
- Nuevas reglas de Bicicoruña: prohibido utilizar auriculares o sentarse en bicis en las paradas
- El restaurante de A Coruña en el que puedes comer hasta reventar por 13 euros: 2 platos, postre y bebida incluída
- Los conciertos que vienen a A Coruña este 2025
- Lidl arrasa con el zapatero para la entrada en vertical: lo más vendido
- Fito & Fitipaldis, nuevo concierto del Coliseum de A Coruña este 2025
- El mirador oculto en la provincia de A Coruña para ver todas las islas de Galicia: Sálvora, Cíes y Ons
- LaLiga cambia las normas del Límite Salarial para fichar: El Deportivo ganará un millón de euros de margen