Alba Carrillo, sobre González Rivas: «É cabezón, por iso chegou a onde chegou»
A comunicadora descobre A Coruña do coñecido médico e anfitrión | O cirurxián ábrese sobre a súa infancia e os seus soños en ‘A miña gran cidade’ (TVG, ás 21.50 horas)

Diego González Rivas e Alba Carrillo, no espazo de hoxe. | CRTVG
O afamado cirurxián Diego González Rivas ensinará A Coruña durante un día á modelo e comunicadora Alba Carrillo hoxe, mércores, ás 21.50 horas na TVG, nun novo episodio de A miña gran cidade. A convidada só tivo boas palabras para o seu anfitrión: «A xente tenlle moito cariño a Diego na Coruña, é un orgullo», confesa Carrillo, que considera o seu anfitrión «a persoa máis importante coa que estiven nunca» e a quen «deberían darlle o Princesa de Asturias».
O cirurxián salienta o «auténtica e natural» que lle parece Carrillo, unha muller «moi divertida» a quen deberá conquistar para que, ao final do programa, decida quedar na cidade herculina uns días e non escolla regresar a Madrid.
Aínda que ambos compartirán un día enteiro, o médico terá tan só unha hora para sorprender a súa convidada con experiencias que ensinen a Coruña máis diferente. «Teño as expectativas moi altas», comenta Carrillo.
Surf no Orzán
A parella comezará o seu itinerario cunha visita ao monte San Pedro para contemplar «unhas vistas marabilllosas» da cidade cheas de historia na que falaron dos seus comezos. «Eu era un caso perdido, quería ser cómico e saín médico!», confesa entre risas González Rivas.
Tamén desfrutarán no emblemático bar La Bombilla de tapas herculinas acompañadas de música tradicional, unha combinación que sorprendeu a Carrillo: «Andar de parranda e durmir de pé, A Coruña é a miña cidade, represéntame!».
Logo, como «en Galicia comemos moito», xantarán no Tira do Playa con vistas ao mar. «A comida galega debería ser patrimonio da Humanidade!2, proclama a modelo, fascinada polos percebes e a robaliza.
Para rematar, o cirurxián levará a súa convidada ao límite cunha experiencia arriscada: unha clase de surf na praia do Orzán, un plan que non entusiasma a Carrillo malia a insistencia do seu anfitrión. «É cabezón, por iso chegou a onde chegou!», explica.
Tras unha intensa hora chea de grandes sorpresas, Alba Carrillo deberá tomar unha decisión: marchar da Coruña ou quedar uns días pola gran cidade de Diego González Rivas. A escolla non é nada fácil.
- Infarto en casa estando solo: cómo actuar de inmediato para salvar tu vida
- Nuevo varapalo para los propietarios: los inquilino podrán extender su contrato aunque el casero no quiera
- Este pueblo a media hora de A Coruña busca vecinos: ofrece trabajo y tiene las viviendas más baratas de la provincia
- El pediatra Carlos González explica cómo conseguir que los hijos estudien: 'Matamos su deseo de estudiar
- El TSXG da la razón a Oleiros en expropiar y demoler un edificio
- La intranquilidad de las placeras del mercado de San Agustín en A Coruña: «Llevo 15 días que no pego ojo»
- Así es el mercadillo más popular cerca de A Coruña: cada sábado desde hace más de 40 años
- Olalla Otero, pediatra de la Maternidad HM Belén de A Coruña: «Para lograr una lactancia de éxito es clave no separar a la mamá del bebé»
Una propuesta gratuita para acercar la tecnología a niños y jóvenes este verano
