Antonia Dell’Atte, en ‘A miña gran cidade’: «Galegos e italianos somos primos irmáns»
Xisco Feijoó recibe esta noite (21.50 horas) á modelo italiana no programa da TVG | Xuntos percorrerán Vigo

Antonia Dell’Atte e Xisco Feijoó, durante o seu paseo en barco pola ría de Vigo. / TVG
Antonia Dell’Atte réndese aos encantos de Vigo e a súa ría no novo episodio de A miña gran cidade. Hoxe ás 21.50 a TVG estrea un programa sobre Vigo no que a modelo italiana visita a cidade olívica da man do artista vigués Xisco Feijoó, con quen conxeniou dende o primeiro momento. «Xisco é unha gran persoa, encantoume a nivel humano e artístico», recoñece con agarimo a modelo. Antonia Dell’Atte contará cunha xornada completa para deixarse sorprender. O seu anfitrión amosará a súa cidade a través de catro experiencias únicas para convencela de quedar, pero cunha limitación: só conta cunha hora en total.
O seu itinerario arrincará por todo o alto no porto de Vigo, onde Xisco Feijoó ten preparado un paseo en barco pola ría porque, en palabras do artista «Vigo é mar e o mar é Vigo». Nesa viaxe en barco non faltará a visita a unhas bateas, de onde sacarán mexillóns para probar: «Xisco, mira que son afrodisíacos, non sei eu que pasará esta noite…», avisa a modelo antes de brindar cunha exclamación: «Viva Vigo!»
A visita continuará polas principais arterias da cidade, cun paseo pola Gran Vía e Príncipe, onde varias persoas a recoñecen e lle piden fotos. No paseo, Dell’Atte falará polo miúdo dos seus valores: «Veño dunha familia moi humilde, por iso son unha muller con este carácter, porque tiven que protexerme», explicará. «Loitei polos meus dereitos, pola dignidade da muller, contra a violencia de xénero».
Despois dunha mañá intensa, probarán a gastronomía galega. Farán o xantar no Othilio, restaurante especializado en marisco e peixe. Á mesa, Dell’Atte deixará a Feijoó impresionado ao confesar que come crus non só os mexillóns, senón todos os moluscos: «Vieiras, navallas, mexillóns… O marisco hai que comelo cru».
Falando sobre a fama de traballadores que teñen os galegos, Xisco e Antonia atopan na emigración cara América un punto de encontro. «Na Arxentina só atopas galegos e italianos, somos primos irmáns», explica a modelo.
Como remate, o artista sorprenderá a diva italiana cunha mostra da nosa música tradicional no areal de Samil, unha praia que namora a Dell’Atte. Alí será o foco de moitas miradas curiosas que buscarán tirar unha foto con ela e o seu anfitrión para inmortalizar esta visita inesperada.
Tras estas experiencias, Antonia deberá decidir se queda en Vigo ou, pola contra, marcha ao seu querido Bríndisi. Xisco está convencido, «Vigo véndese só», pero será Dell’Atte quen tome a decisión final.
Suscríbete para seguir leyendo
- Reencuentro romántico en Pasapalabra: 'Fuimos novios
- La grave enfermedad que pasa desapercibida y crece cada vez más: 'Me decían que no tenía nada y llegué a pensar que era cáncer
- Roberto Leal confirma la noticia sobre Manu y Rosa de Pasapalabra: 'Están felices
- Cristina Paz, la mejor nota de la PAU en A Coruña y tercera en Galicia: 'Fui muy nerviosa pero salió muy bien
- Este restaurante de carretera se está popularizando en la provincia de A Coruña por su churrasco a la brasa
- Norma Duval visita A Coruña acompañada de su anfitrión David Perdomo
- Amaia y Diego, el brillo de un ángel y un indie loco en O Son do Camiño
- El Salvador de Madariaga es el centro con la mejor nota media: 7,487