Romay percorre A Coruña co trío Tanxugueiras en ‘A miña gran cidade’
O que fora teito da selección española de baloncesto recibe esta noite (TVG, 21.45 horas) na súa cidade natal ás pandeireteiras Aída Tarrío e as irmás Olaia e Sabela Maneiro

O exbaloncestista, coas compoñentes de Tanxugueiras na coruñesa praza de María Pita. / TVG
O exbaloncestista Fernando Romay, teito do baloncesto español durante moitos anos, recibe hoxe ás Tanxugueiras na súa Coruña natal nun novo episodio de A miña gran cidade (TVG, ás 21.45 horas). O reto do espazo: convencer o trío de quedar na cidade herculina con só catro experiencias e un bono de 60 minutos. «Quero ensinarlles a Coruña que xa non hai, pero tamén a de agora, que é preciosa», di Romay, que recoñeceu estar «moi nervioso» antes do encontro.
A ruta arrinca ao grande, na praza de María Pita, onde Romay compara as artistas coa histórica heroína galega: «Sodes como ela, loitastes contra a norma e levastes Tanxugueiras ao máximo!».
Paseando pola zona, acaban no clásico local de tequeños con ADN galego-venezolano. «Aquí houbo que adaptalos a Galicia, e en Galicia as cousas hai que facelas ao grande», explica Javi, o responsable. A resposta de Romay é inmediata: «Que llo digan a meus pais!». Pola súa banda, as compoñentes de Tanxugueiras quéixanse entre risos: «Romay tápanos o sol e a cámara!».
Para a segunda experiencia, o coruñés leva as convidadas a un restaurante apto para celíacos, detalle que as irmás Maneiro agradecen fondamente: «Probablemente, en cada xira acabamos contaminadas catro ou cinco veces», confesan. «Comer croquetas sen glute fóra da casa é impensable», engade Olaia, mentres Aida apunta: «Os celíacos non comen e os acompañantes, menos!». O humor non falta na sobremesa.
O que fora baloncestista do Real Madrid e tamén pivote da selección española pensou en subir á Torre de Hércules como terceira actividade, onde as Tanxugueiras poidan desfrutar das vistas e que poidan dende o alto «estar no meu lugar». Pero a suba complicarase e traerá sorpresas inesperadas para Romay e o equipo. Ademais, as pandeireiteiras non parecen convencidas: «A Torre ao final é o típico».
Romay remata o itinerario cunha pachanga de baloncesto cos seus amigos. «Cada vez que estou con eles, fanme feliz», di emocionado. Aída Tarrío e as irmás Olaia e Sabela Maneiro lánzanse á cancha e, para sorpresa de todos, non se lles dá mal.
Tras unha xornada moi intensa canda o xigante de Catro Camiños, serán elas as que decidan se ben collen a maleta e quedan pola Coruña ou ben toman o billete de volta e marchan.
- Notas PAU 2025 en A Coruña y toda Galicia: consulta las fechas de preinscripción y matrícula en las carreras de las universidades gallegas
- Estrella Galicia desafía el trono cervecero español con su nueva planta de Arteixo
- La plantilla de basuras de A Coruña exige una asamblea por la «falta de transparencia» de STL
- La confesión de Manu en Pasapalabra tras ganar: “Me habéis dado la mejor época de mi vida y no la olvidaré nunca”
- PAU 2025: Consulta aquí las notas de la selectividad en Galicia
- Colesterol alto: los alimentos que debes eliminar y los mejores para controlar los niveles
- El informe toxicológico de Paloma Lago no reflejaría sustancias compatibles con una supuesta sumisión química
- Concentración en A Coruña el jueves 12 para protestar contra las listas de espera en la Sanidad