A TVG emitirá mañá un espectáculo aéreo de 200 drons desde Sanxenxo como prólogo aos Fogos do Apóstolo
‘Mirade arriba!’ (22.30 horas) celebrará o 40 aniversario da radio e televisión galegas | David Espiño e Rocío Delgado presentarán o espazo en Silgar

Espectáculo pirotécnico en Santiago, o ano pasado. | Europa Press
O programa da TVG Mirade arriba! emitirá mañá en directo, a partir das 22.30 horas, un espectáculo aéreo inédito. Máis de 200 drons realizarán unha exhibición sobre a praia de Silgar de Sanxenxo para conmemorar o 40 aniversario da Radio e Televisión de Galicia.
O espazo, previo á emisión dos Fogos do Apóstolo, estará presentado por David Espiño e Rocío Delgado desde un set situado na praia polo que irán pasando caras famosas dos diferentes programas e series da canle.
Veciños e turistas poderán seguir dende o paseo o espectáculo, que contará cunha narración audiovisual que celebra os 40 anos desde a creación da Radio e a Televisión de Galicia.
O programa Mirade Arriba! servirá de prólogo á emisión dos Fogos do Apóstolo en Santiago, e realizará conexións coa capital de Galicia nos momentos previos ao tradicional espectáculo pirotécnico nesta data tan agardada.
Ademais, e con motivo dos 40 anos da Televisión de Galicia, o programa emitirá imaxes da evolución da queima da fachada da catedral nas últimas catro décadas, así como entrevistas e documentación de festas que xa existían a finais do 80 e comezos dos 90 como é a Festa do Marisco do Grove, a do Polbo de Carballiño, a do Pemento de Herbón ou a Queima das Fachas de Castelo en Taboada.
- Así está la clasificación de Segunda División: El Racing asalta el liderato y el Deportivo cae a la segunda posición
- El Superior establece que empleados de la basura de A Coruña aumentaron las averías en la huelga del año pasado
- La huella del expresionismo en las fachadas de A Coruña: 'No eran solo para una burguesía adinerada, las hay en barrios obreros
- El Concello de A Coruña da licencia para convertir más de 40 bajos en vivienda en lo que va de año: se alquilan por hasta 2.000 euros
- Quince años de humedad y cinco concursos desiertos en un edificio de A Coruña: «La gente está desesperada»
- Larguísimas colas para acceder al Zara navideño de A Coruña en este lunes festivo
- La premiada taquería mexicana de A Coruña que celebra tres años en Agra do Orzán: 'Nos diferencia el sabor auténtico y callejero
- La cena de murciélagos en el río Barcés de Cambre