Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

'Antes de nós', 'Sirat' e 'As liñas descontinuas' acaparan as candidaturas finalistas dos Mestre Mateo

Entre os tres filmes suman 40 candidaturas das finalistas na vixésimo cuarta edición dos premios que se celebrarán o 21 de marzo en Lugo

Fotograma de 'Antes de nós'

Fotograma de 'Antes de nós' / Cedida

Anxo Bentrón

Santiago

A actriz Andrea Varela e o presentador Juan Fuentes anunciaron esta martes, no centro sociociltural O Vello Cárcere de Lugo, as candidaturas finalistas da vixésimo cuarta edición dos Premios Mestre Mateo, cuxa gala final terá lugar o 21 de marzo na cidade amurallada e estará presentada pola actriz Trisha Fernández e o cómico Federico Pérez.

Nesta edición, os filmes 'Antes de nós', 'Sirat' e 'As liñas descontinuas' son as grandes protagonistas, copando 40 das candidaturas finalistas desta edición. Ambas as tres loitarán por facerse co Premio Mestre Mateo a Mellor longametraxe, un galardón ao que tamén está nominado o filme 'San Simón'.

As tres grandes dominadoras

A película arredor da figura de Castelao, 'Antes de nós', é a máis votada polos académicos, con ata 18 candidaturas. Ademais da xa mencionada nominación a Mellor longametraxe, tamén está nominada Ángeles Huerta a Mellor dirección ou Pepe Coira a Mellor guión.

Sen embargo, onde máis destaca o filme de Ángeles Huerta e no apartado de interpretación, colocando ata sete dos seus intérpretes entre os finalistas: Adrián Ríos, Miquel Ínsua, Nancho Novo, Luisa Merelas e Victoria Teijeiro en papeis de reparto e Cris Iglesias e Xoán Fórneas nos papeis protagonistas.

No tocante ás categorías de interpretación, as nominacións, tanto nas categorías masculina coma feminina, completannas Tatán (San Simón), Desiré Pillado (O Home Perfecto) e Isabel Naveira (Lume) en papeis de reparto; e Alba Flores (Punto Nemo), Lucía Veiga (Mi ilustrísimo amigo), Mara Sánchez (As liñas descontinuas), Flako Estévez (San Simón), Adam Prieto (As liñas descontinuas) e Luis Tosar (Golpes) nos papeis protagonistas.

Pola súa banda, tanto 'Sirat' como 'As liñas descontinuas', as outras dúas grandes dominadoras, contan ambas con once candidaturas, entre as que destacan as nominacións a Mellor dirección para Oliver Laxe e Anxos Fazáns respectivamente. Un apartado que completa a nominación de Lucía Estévez por 'Weiss e Morales'.

Mellor dirección de arte, fotografía e produción

No apartado de Mellor dirección de produción competirán Analía G. Alonso e Aleix Castellón ('San Simón'), Lucía Caramelo ('Antes de nós'), Nati Juncal e Silvia Fuentes ('As liñas descontinuas') e Oriol Maymó ('Sirat').

En canto á Mellor dirección de fotografía os nominados son Jaime Pérez AEC ('Weiss e Morales'), Lucía C. Pan AEC ('Antes de nós'), Mauro Herce ('Sirat') e Sandra Roca ('As liñas descontinuas').

Por último, as nominacións a Mellor dirección de arte son para Elia Robles ('Antes de nós'), Inés R. Sacristán ('San Simón') Laia Ateca ('Sirat') e Sonia Prol ('O Home Perfecto').

Mellor serie de televisión

As candidatas a Mellor serie de televisión son 'Bibopalula', 'O Home Perfecto', 'Punto Nemo' e 'Weiss e Morales'.

Rodaje de 'Punto Nemo' en Santiago

Rodaxe de 'Punto Nemo' en Santiago / Roi Prieto

Mentres que en canto á Mellor serie web as finalistas son 'Alucinema', 'Bechos', 'Contando los días' e 'Pipo'.

Mellor curtametraxe

En canto ás curtametraxes, foron seleccionadas oito como finalistas: catro de imaxe real e catro de animación.

'Abellón', 'Adeus, Berta', 'Algo novo que contar' e 'Curmán' competirán polo trofeo que as acredite como Mellor curtametraxe de imaxe real; mentres que 'Lucus', 'Nuno', 'O corpo de Cristo' e 'O mesmo' competirán polo Mestre Mateo á Mellor curtametraxe de animación.

Mellor programa

Na categoría de Mellor programa colase o gañador da pasada edición dos Mestre Mateo, 'Cos pés na Terra', da TVG, con Diego Guerrero, Marcos Estebo e Breixo Llano como finalistas a Mellor realización.

Acompáñano 'Cinephilia', emitido por Telemiño e tamén finalista con Simone Saibene a Mellor comunicador e Mellor realización; 'O videoclub' con Miguel Canalejo ente os finalistas a Mellor comunicador; e 'Raíña-me' con Miguel Gomar nominado a Mellor realización.

Marcos Nine (Historias de Aquí) completa as nominacións a Mellor realización, mentres que Lucía Veiga (Aquí Galicia Fest) e Xosé Ramón Gayoso (Luar) optan ao premio de Mellor comunicador.

Mellor vestiario e maquillaxe

As propostas finalistas a Mellor vestiario son Aránzazu Domínguez por 'Antes de nós', Fede Pouso 'Mi ilustrísimo amigo', Nadia Acimi 'Sirat' e Uxía Vaello (San Simón).

Pola súa banda, Chicha Blanco e Lorena Calvo (Antes de nós), Fani Mosqueira (O Home Perfecto), Sonia García (As liñas descontinuas), Sonia García e Silvia Neira (San Simón) e Zaira Eva Adén (Sirat) son as nominadas a Mellor maquillaxe e perruquería.

Mellor montaxe

Os candidatos son Cristobal Fernández ('Sirat'), Diana Toucedo e Laura Piñeiro ('As liñas descontinuas'), Gaspar Broullónm e Lu Rodríguez ('Weiss e Morales') e Lucía Iglesias Fuentes ('Antes de nós').

Unha escena do filme 'Sirat'

Unha escena do filme 'Sirat' / E.P.

Mellor documental

'360 Curvas', 'Ao son da nova regueifa', 'Deuses de pedra' e 'O silencio herdado' competirán na categoría de Mellor documental.

Mellor anuncio publicitario

Na categoría de Mellor anuncio publitario competirán 'Ao Noroeste Do Oeste', 'Gadis. Compartimos la vida', 'Hematofesti 2025 - Festival de Humor e Literatura Infantil' e 'Historia que nos impulsa'.

Mellor música orixinal

Compiten Kangding Ray (Sirat), Santi Jul e Iván Laxe ('Bibopalula'), Sofía Oriana ('Antes de nós') e Xavier Bértolo ('As liñas descontinuas').

Mellor son

Neste caso, competirán Amanda Villavieja ('Sirat'), Elsa Ferreira, Pedro Góis, Daniel Fernández e Toni Penido ('San Simón'), Toni Penido, David Machado e Javier Pato ('Antes de nós') e Xavier Souto, David Machado e Javier Pato ('As liñas descontinuas').

Mellor videoclip

Por último, as candidatas a mellor videoclip son 'Ferido' de O Xoán, 'Hibernarse' de Fillas de Cassandra, 'Non cho podo dar' de Sabela e María Escarmiento e 'Ontes fun moi malo' de Grande Amore.

Tracking Pixel Contents