Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O programa gastronómico 'A Voltas co Prato' adianta o seu horario ás 16.30 horas

Fran Cañotas, Xulio, Begoña, Merchi e o resto de cociñeiros do espazo da TVG prometen seguir "co bo facer e o humor de sempre"

O programa 'A Voltas co Prato'.

O programa 'A Voltas co Prato'. / La Opinión

A partir do próximo luns, 16 de febreiro, o espazo gastronómico A Voltas co Prato, da Televisión de Galicia, adianta o seu horario ás 16:30 horas. Fran Cañotas, Xulio, Begoña, Merchi e o resto de cociñeiros prometen darlle a volta ás receitas da audiencia "co bo facer e o humor de sempre", pero cun horario renovado co que agardan que os espectadores "poidan reunir os ingredientes o mesmo día e cociñar a cea máis saborosa, ou preparar o menú do día seguinte".

Nesta nova franxa non faltarán os sorteos do libro de receitas do programa. Tamén haberá premios en metálico e "moitas sorpresas".

TEMAS

Tracking Pixel Contents