Opinión
Lino Braxe
China
Alguén cría nas bondades da diplomacia chinesa? Que importa ter realizado a máis impresionante inauguración duns xogos olímpicos? Que máis ten que sexa un dos mercados de Oriente que hai que coidar porque teñen un potencial consumidor proporcional a do seu número de habitantes? É que xa nos esquecimos dos estudantes masacrados nos oitenta e nos noventa? É que xa non recordamos de quen son herdeiros estes rapaces? O seu comunismo é o de sempre. Flexibilidiade occidental para os parámetros financieros e económicos e tolerancia cero con respecto ao dereitos civís e humanos. China é unha dictadura. Isto é incustionable. Pode acabar sendo unha dictabranda cos anos, pero con bastantes anos. Se alguén dubidaba da podremia que se está a vivir no Tibet, xa non ten que dubidar nada. Sería difícil xustificar un estado como o que pretende construir o Dalai Lama no Tibet, mais iso é algo que afecta aos tibetanos. Se eles queren que o seu xefe relixioso sexa o seu xefe de estado é cousa súa. O caso é que a represión nesa rexión existe. Senón, por que os chineses se ían poñer tan nervosos cada vez que algún país ou personaxe famoso recibe ao Dalai Lama. O último incidente tivo lugar co encontro entre o mandatario tibetano e o xefe do estado francés Nicolás Sarkozy. Sarkozy é un pequeno Napoleón ao que só lle falta o cabalo. A súa Xosefina xa a conseguíu encarnar na figura de Carla Bruni. Pero este Napoleonciño sen cabalo non é nengún cobarde. Sabía que Pekín ía poñer o berro no ceo se tiña lugar a entrevista. E a entrevista tivo lugar. As ameazas chegaron directamente da televisión chinesa. Sancións comerciais e boicot a productos galos. Sarkozy, sabe que algo sacou do emprestamento de cadeiras no G-20. Holanda, España e Chequia pagarán dalgún xeito. O francés sabe moverse como ninguén na política de xestos e de feitos consumados. E co follón que hai na familia socialista francesa, témome que temos Sarkozy para un tempo. Ademais, é un tipo que se cre o de a Gran Franza e o de Europa.
Nun tempo que todos baixan as orellas fronte ao xigante chinés, non deixa de ser reconfortante que o noso Napoleonciño manteña o pavillón auditorio ben alto.