Opinión
Plácido Lizancos
Señor presidente, o cargo máis difícil do mundo
Non me refiro ó Sr. Touriño nin o Sr. Zapatero, por suposto, para estes, o cargo é normal. Pensamos no acontecemento importante que imos ter estes días, nada menos que a toma de posesión do presidente máis poderoso do mundo, Obama, do que parece depender a felicidade terráquea.
Seguín meditando nas calidades, características e actitudes que me gustaría atopar nel para desempeñar con acerto "o cargo máis difícil do mundo" e que alguén, a CIA, por exemplo, van presunción a miña, lle fixese chegar estas liñas. Quen di que non haxa algún deles infiltrado neste importante xornal!
O Sr. Obama coñecerá todas as regras do protocolo, terá que se acostumar a que os seus máis íntimos amigos que toda a vida o tutearon agora, cando se dirixan a el, lle digan sempre "señor Presidente", isto fará decatarse do illamento co que o cargo terá que o rodear.
Verá o señor Obama que a Presidencia é algo distante e aparte. Aquí na nosa Galicia tamén, inda máis nos cargos inferiores das nulidades fachendosas e consagradas, non te coñecen nin reciben. De seguro que no seu novo despacho da Casa Branca, un funcionario amosaralle un gran timbre oculto na parte interior da súa mesa e que se preme o botón co xeonllo, os axentes da garda do Servizo Secreto presentaranse axiña. Sen dúbida algunha o Sr. Obama, e mediante unha serie de experiencias, comprobará moi pronto a soidade que entraña o seu cargo. Exceptuando a súa familia, estará sempre so, isto é doloroso tendo sido vostede tan sociable. Tampouco non lle será nada doado facerse á idea de vivir baixo constante vixilancia, de non poder dar un paso que non tivese sido proxectado de antemán, e de non ir a parte algunha sen escolta. Algo disto lle pasa ó noso presidente Touriño. Comprobeino cando un, supoño que asesor, o responsable máximo dos medios de comunicación da Xunta, un Paul Joseph Goebbels en pequeno, don Fernando Salgado, me deixou por dúas veces coa palabra na boca, "perdoa teño que acompañar ó presidente a Francia polo tema dos papeis de Cortázar", outra vez "perdoa o presidente estame esperando para ir a Vigo con el", pobre presidente, co amable que é e ir con esta sombra tamén. Lembro o caso dun ditador venezolano, o presidente Gómez, quen padecendo da próstata tiña que levantarse con frecuencia no cine etc. para ir ó WC, o que non deixaban so os escoltas. "Cará! -dicía o presidente-, ata para isto non me deixan só".
Sr. Obama, todo presidente, para selo de xeito eficaz, debe posuír estes catro requisitos esenciais inherentes á Presidencia: carácter, habelencia, responsabilidade e experiencia, folga definilas. Os nosos presidentes R. Zapatero e Touriño téñenas en grao sumo e a oposición, Rajoy e Feijoo, tamén en grao superlativo, pero en potencia.
Outro dos postulados máis importantes da Presidencia é a visión, ou sexa, a capacidade de albiscar o porvir e prever as necesidades da nación. Unido a ese don está o valor de tomar os acordos necesarios a pesar das posibles críticas -incluso ás veces dos ataques da prensa-, do partido da oposición ou -o que é peor-, do propio partido. Coidado con Hillary Clinton, como aquí coa conselleira Bugallo. Humildade, humor e optimismo para resistir o peso abafante do cargo. Virtudes que ten o noso vicepresidente Quintana en grado suficiente. Continuarei, Sr. Obama.
- Ikea rebaja por primera vez su armario más vendido: tres puertas y perfecto para espacios reducidos
- La Xunta derribó dos construcciones ilegales en 2024 en la comarca coruñesa
- Esta es la profesión real de Manu fuera de Pasapalabra
- “El valor fundamental del diseño es resolver problemas”
- Los 8 hábitos que indican que serás más feliz a partir de los 60 años
- Roberto Leal detiene Pasapalabra para anunciar la feliz noticia: 'Momento muy importante
- Carlos Gallardo (Almirall): 'Los aranceles son una oportunidad para que Europa reaccione y haga que las empresas no se vayan a EEUU a investigar
- Eddahchouri, dado de alta tras caer a las rocas en el paseo de A Coruña desde seis metros de altura