Opinión | arredor de nós

Agustín Rodríguez Caamaño

O esquecemento do canto de Reis

Axénese da música popular galega pérdese na neboeira mítica da nosa historia. O gran tesouro lírico que acobillan as melodías folklóricas dos devanceiros atópase cas liñas científicas que, a ciencia cierta, aínda están sen definir. Tense falado dabondo dun xeito romántico do celtismo de hai máis de 3.000 anos, do substrato helénico, romano, suevo, da Galiza medieval do camino de Santiago, etc.; mais non pode cinguirse a raigame da música popular somentes aos alicerces do latexo do ADN deses pobos que viviron, cantaron e morreron onde hoxe facémolo nós. O folklore bebeu tamén doutras fontes, modas e estilos rítmicos.

Raza, paisaxe e chan compoñen, di o musicólogo lugués Jesús Bal e Gal, o marco activo de toda lírica. Por conseguinte a gaita de fol non florea, medra en terras áridas -Castela e Andalucía-, en cambio atopámola en países con humidade e celtas -como Irlanda, Escocia e Bretaña-. É cousa que só a isos axentes podemos atribuír. O home que a diario arrinca traballando o pan a nosa terra bota a mirada no verdecente e estreito val ou no infinito Atlántico non é posible que cante do mesmo xeito que o seu conxénere o labrego castelán.

Dentro do folklore popular tradicional era costume a víspera da festa dos Reis Magos cantar os reis e romances da adoración de Melchor, Gaspar e Baltasar polas casas das aldeas e das vilas. Este costume foi un acontecemento moi ledo e agardado por unha porcentaxe moi alta da nosa poboación. Un fato de rapaciños e raparigas e maiores percorrían as bisbarras, cantaban e pedían aguinaldos. Petaban nos fogares e pedían permiso aos amos cantando para comezar o recital, acompañados dos instrumentos populares galegos.

Ofrécenos a letra dun canto-permiso de reis a dúo con acompañamento de piano recollido en Cantos y Bailes Populares (Galicia) de J. Inzenga: "É descortesía, / É desobedencea / Á porta dos nubres / cantar sin anoencea / ¡que viva e que viva! / per moitos aniños o Siñor meu amo / cos seus picariños / ¡que viva! ¡que viva! /". Se non recibían o trato esperado, cartos ou larpeiradas navideñas despedíanse así: "¡Cantamoschos reis conicha de cabra!, ¡cantamoschos reis non nos deches nada!"; hai numerosísimas versións de cantos de reis que esmorecen nas gorxas de supervivente, e da sociedade máis envellecida de Galiza.

Manoel, Rico Verea, na revista galega Encrucillado nº 40, cóntanos hai máis de 20 anos un caso vivido na escola de Brates (concello de Boimorto, A Coruña), unha experiencia para tentar recupera-lo costume de canta-los reis. O mestre coñecido por o Mini foi o motor: as veciñas da parroquia de Brates retornaron a vivencias que enlazaron coas xeracións do futuro. A experiencia levou consigo a recopilación de moitas variantes tanto no texto como na música que resultou unha veta de gran valor, pois cada relato ten gran número de variantes melódicas.

Hai 50 ou 60 anos os nenos e as nenas aínda cantaron a carón da feta dos Reis. Os cantos dos Reis son un dos costumes máis antigos e ledos de Galiza e estivo presente nas catro provincias. Hoxe non temos noticia de que se cante xa como algo vivo nalgúns rueiros ou lugares do país. Non se deu traslado do testigo, no seu tempo, ás xeracións novas. Quen as recordan son xa moi velliños; deixouse morrer algo popular, moi noso, entrañable e musical e culturalmente importante. A carón das numerosas asociacións culturais espalladas por moitas parroquias da xeografía galega, parroquias, centros escolares, concellos, TVG, Radio Galega, cecais se podría interesar á mocedade. Na actualidade, malia todos os atrancos seculares e sicolóxicos, se albisca unha meirande grande cultura e de conciencia de nós.

Tracking Pixel Contents